Site icon Crónica3.com A Mariña

A programación Nadal 2011-2012 do Concello de Xove inclúe a proxección de 6 películas a partir do 26

Nota de prensa

El show de los payasos en Xove

A Programación Nadal 2011-2012 do Concello de Xove non para; así, despois do intenso día de hoxe onde estamos a ter un montón de actividades (“Festa do Nadal” na Escola Infantil de Xove, “Obradoiro de Pintado e Colocación do Belén” na OMIX, “Concerto de Nadal” no Salón de Actos do Centro Cívico e “Inauguración do Belén Xigante de Xove” no Parque Municipal do Centro Cívico), para os vindeiros días continúa a programación coas seguintes actividades:

-Domingo, 25 de decembro.- Imos ter, a partires das 18:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, EL SHOW DE LOS PAYASOS, unha actividade lúdico-musical para nenos/as de todo o Concello, así como para aqueles visitantes do noso Concello nestas datas tan entrañables. Trátase dun espectáculo moi participativo, con actividades moi variadas. Rematado o espectáculo, teremos unha CHOCOLATADA.

-Para abrir a última semana do ano, o luns 26 de decembro os nenos/as de ata 4º de Primaria poderán disfrutar dunha actividade lúdico-creativa, consistente nun OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA E GLOBOFLEXIA que se vai desenvolver de 11:00 a 13:00 horas na Aula Multideportiva do Concello.

Tamén teremos este luns 26 a primeira das 5 películas programadas para este Nadal; concretamente videoproxectaremos “WALL-E”, unha película de debuxos animados que xa é todo un clásico, e por suposto, para tódolos públicos. Esta proxección vai comezar ás 16:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.

Coma sempre, tódalas actividades contidas neste amplo programa, son de carácter totalmente libre e gratuito.

Exit mobile version