Site icon Crónica3.com A Mariña

A rede de museos da Deputación realiza actividades polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Nota de prensa

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2011

Con motivo de celebrarse mañá, sábado, 3 de decembro de 2011, o “Día Internacional das Persoas con Discapacidade” os catro museos integrados na Rede de Museos  da Deputación de Lugo, dependente da área de Cultura e Turismo, elaboran un amplo programa de actividades que se van desenvolver ata finais de xaneiro de 2012. Este programa inclúe obradoiros para a igualdade, proxeccións de cine sobre discapacidade, teatro inclusivo, exposicións… actividades todas coas que se pretende concienciar e fomentar na sociedade a integración das persoas que por moi diversas razóns precisan dunha discriminación en positivo. Estas actividades comezan esta fin de semana coas seguintes propostas, todas de acceso libre e gratuíto:

Sábado, 3 de decembro, no horario habitual dos catro museos:

–          VISITAS GUIADAS TELEFÓNICAS. Con motivo do Día Internacional de Persoas con Discapacidade, este sábado poderase acceder nos catro museos da Rede da Deputación (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, en San Cibrao, Museo Etnográfico San Paio de Narla, en Friol, e Pazo de Tor, en Monforte) a visitas guiadas telefónicas para todos aqueles usuarios con discapacidade que por esta circunstancia non poidan acudir. É imprescindible a concertación previa mediante chamada teléfónica ao museo que desexe visitar.

Luns, 5 de decembro, ás 11:00 h., no Museo Provincial de Lugo

–          EXPOSICIÓN FUNDACIÓN ANADE. Ás 11:00 horas do vindeiro luns, 5 de decembro, terá lugar na Sala Multiusos do MPLugo a inauguración da exposición que recolle as obras premiadas no VI Premio Internacional de Fotografía sobre Discapacidade “Fundación ANADE”, certame que ten por obxectivo facer visible a realidade do colectivo de persoas con discapacidade psíquica, física, sensorial e enfermidade mental. Neste acto, no que se entregarán os galardóns do concurso,  intervirán o deputado delegado da área de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro e representantes da Fundación Anade. Esta exposición vai permanecer aberta ao público ata o 18 de decembro.

Máis información e contactos cos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo:

Museo Provincial de Lugo: tfno..: 982 24 21 12 / info@museolugo.org
Museo Etnográfico de San Paio de Narla: tfno..: 982 37 51 56 / sanpaiodenarla@museolugo.org
Museo Provincial do Mar: tfno..: 982 59 45 72 / museodomar@museolugo.org
Museo Pazo de Tor: tfno.: 982 165 534 / pazodetor@museolugo.org

Exit mobile version