Site icon Crónica3.com A Mariña

A San Silvestre 2011 de Ribadeo repartirá 700 euros en premios

Nota de prensa

A SAN SILVESTRE 2011 DE RIBADEO REPARTIRÁ 700 EUROS EN PREMIOS. AS INSCRICIÓNS PODEN FACERSE NO AUDITORIO MUNICIPAL ATA O 28 DE DECEMBRO.

Ribadeo, 17 de decembro de 2011. A San Silvestre 2011 de Ribadeo repartirá 700 euros en premios. As inscricións poden realizarse no auditorio municipal ata o vindeiro 28 de decembro.

O concelleiro de Deportes, Vicente Castro, contou que “como cada ano o 31 de decembro celebraremos a San Silvestre ribadense, e como sempre, contará con dúas probas. Unha para cativos ata doce anos coñecida como a milla ribadense e a proba dos 5.000 metros para os demáis participantes”. A milla sairá do parque de San Francisco pasando por diante do Concello, Villafranca del Bierzo, Rodríguez Murias, Ramón González, Doutor Moreda, Reynante e retorno por Villafranca del Bierzo ata o Concello. A proba dos 5.000 metros sairá de diante do Concello e discorrerá por Clemente Martínez Pasarón, avenida de Asturias, José Vicente Pérez Martínez, avenida de Galicia ata a rotonda dos institutos, onde xirará por Virxe do Camiño, San Roque, Rosalía de Castro, as Barreiras ata o castelo de San Damián e retorno por Calvo Sotelo, Rodríguez Murias, Ramón González, Doutor Moreda, Reynante, Villafranca del Bierzo e meta no Concello.

O edil nacionalista explicou que “as inscricións poderánse facer no auditorio ata o día 28 de decembro ás 14 horas, hai que telas pechadas uns días antes da celebración da proba, e tamén ata as 24 horas do mesmo 28 de decembro na seguinte páxina web www.championchipnorte.com”. A recollida de dorsais e chips poderáse facer de 15 a 16 horas do día 31 de decembro diante do Concello e despois este material hai que devolvelo ao remate da proba”.

A San Silvestre repartirá 700 euros entre os gañadores dos 5.000 metros, haberá premios para os tres primeiros tanto en senior absoluto masculino e feminino como para os ribadenses absolutos masculinos e femininos. As contías serán iguais 100, 50 e 25 euros respectivamente en cara una das categorías. Os gañadores da millas recibirán medallas e trofeos.

Vicente Castro engadiu que “os queiran ducharse ao remate da proba poderán facelo nas instalacións do pavillón municipal de Ribadeo, si así o solicitan”.

Exit mobile version