Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA Foz animan as rúas da vila no nadal con zancudos, bailes, agasallos, pasarúas e sopresas o día 23

Nota de prensa

A ASOCIACIÓN DE COMECIANTES DE FOZ E A FEDERACIÓN DE COMERCIO DE LUGO ANIMAN AS RÚAS DA VILA NO NADAL. O 23 DE DECEMBRO HABERÁ PASARÚAS, BAILES, ZANCUDOS, AGASALLOS E MOITAS SOPRESAS.

Foz, 20 de decembro de 2011. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz e a Federación de Comercio de Lugo animan as rúas da vila no nadal. O vindeiro venres, 23 de decembro, de 11:30 a 13:30 pola mañá e de 17:00 a 19:00 horas pola tarde, haberá pasarúas, bailes, música, zancudos, agasallos, caramelos e moitas outras sorpresas nas rúas comerciais de Foz. “Todo co obxectivo de darlle máis color e de poñerlle máis música ás compras destas datas, en definitiva o que queremos é animar as rúas da nosa vila, animar ao comercio e animar á xente que eses días está a facer as compras para a cea de noiteboa e mercando os agasallos para os seus”, sinalou José Carlos Paleo, o presidente de ACIA Foz.

Paleo explicou que “haberá animación musical e actuacións para grandes e pequenos e algunha que outra sorpresa. Para disfrutar de todo isto o único que hai que facer é saír á rúa o venres pola mañá e pola tarde”. O presidente de ACIA Foz aproveita para “desexarlles un bó nadal aos nosos asociados e aos veciños”.

Desde a Asociación de Comerciantes de Foz lembran que o comercio da vila abrirá as súas portas ininterrumpidamente os días 24 e 31 de decembro de dez da mañá a seis e media da tarde.

Exit mobile version