Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos do IES Perdouro de Burela aprenden inglés nun campamento en Navarra

Nota de prensa

Un grupo de alumnos de 2º de ESO do IES Perdouro aprenden Inglés nun campamento en Navarra

23 alumnos de 2º de ESO do IES Perdouro de Burela desfrutaron dun campamento de inmersión lingüística en inglés na localidade de Lekaroz, nol albergue Val de Baztan en Navarra durante unha semana. Gozaron das paisaxes do Val de Baztan, no Pirineo Atlántico. Participaron nos obradoiros e clases impartidas por monitores, profesores nativos de Canadá e do Reino Unido, e súas profesores do IES Perdouro en actividades relacionadas coa ecoloxía, medioambiente e biodiversidade. Ademais realizaron unha excursión ao parque natural de Señorío de Bertiz, no término de Oieregi, onde visitaron o parque e o Centro de Interpretación da Natureza . Este campamento de inmersión tiña como finalidade o perfeccionamento da lingua inglesa e a educación para a sostenibilidade. A súa profesora de inglés, Mª Dolores Prieto, afirma que durante esta semana de convivencia, os alumnos mostraron gran satisfacción tras unha grata e proveitosa experiencia que será inesquecible para moitos .

Exit mobile version