Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP burelés analiza o resultado das eleccións xerais nunha asamblea de afiliados o día 21

O PP de Burela

Nota de prensa

O PP burelés analiza o resultado das eleccións xerais nunha asamblea de afiliados o día 21.

Fixaranse as liñas de traballo para os próximos meses.
Os populares repasarán o traballo feito desde outubro polo partido.

Burela, a 3 de decembro de 2011.- O Partido Popular de Burela celebrará o mércores desta semana, día 21, ás oito da tarde e na antiga biblioteca de Burela, unha asamblea de afiliados e simapatizantes que tén como finalizade trasladarlle ás bases do partido o análise feito dos resultados electorais, e facer unha reflexión a nivel interno e en voz alta sobre os mesmos. O comité local do partido xa fixera unha avaliación dos resultados electorais o luns seguinte á xornada electoral.

Esta asamblea, que se celebra días antes do Nadal, vén sendo xa tradición dentro da vida do partido en Burela, e aproveitarase nesta ocasión, ademais de para o indicado, para facer un balance do traballo feito polo partido e polo grupo municipal desde o mes de outubro hasta agora.

Ademais, os populares fixarán as liñas de traballo para os próximos mes, desde a doble perspetiva do grupo municipal e do propio partido. A fin de manter perfectamente engrasada a relación entre un e outro, os populares pretenden seguir mantendo o ritmo de reunións do comité local (reunido dúas veces desde as eleccións xerais do pasado 20 de novembro), así como da comisión de coordinación interna, que xa mantivo unha reunión logo da súa constitución.

Para os populares, unha acción de goberno debe enmarcarse dentro das directrices que emanen desde o partido, atendendo sempre ó programa electoral que nos serviu como marco para a campaña electoral das municipais, e atendendo sempre ás demandas da cidadanía.

Desde o PP, valoran positivamente a vida interna da agrupación local burelesa: alomenos unha reunión mensual do comité local, e unha media de tres/catro asambleas de afiliados por ano, fan que os populares estean satisfeitos da implicación que desde a organización se lle quere dar ós afiliados e simpatizantes dun partido que, proceso electoral trais proceso electoral, gaña as eleccións de forma clara en Burela.

Exit mobile version