Site icon Crónica3.com A Mariña

Ao PP agradalle a disposición favorable do BNG á posta en marcha dun plano de emprego para A Mariña

Nota de prensa

Os populares instan ao BNG a sumarse a súa iniciativa na que reclaman á Xunta a posta en marcha de medidas dirixidas á recuperación produtiva e do emprego na comarca e que será debatida no Parlamento o próximo mércores 28 de decembro

BALSEIRO E ÁLVAREZ CHAO DÁN A BENVIDA AOS NACIONALISTAS TRAS AMOSARSE FAVORABLES Á POSTA EN MARCHA DUN PLANO DE EMPREGO NA MARIÑA COMO XA PROPUXO O PP

Felicitan aos nacionalistas por “abandonar a demagoxia e recuperar o sentido común” e lembra que puideron ter apoiado o plano de emprego que pedía o PP na pasada sesión plenaria e non o fixeron “ainda terán oportunidade de rectificar”

A Mariña lucense, 17 de decembro de 2011.- Os deputados do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao, deronlle a benvida ao Bloque Nacionalista Galego despois de que, a través do seu dirixente Antonio Veiga, a formación nacionalista amosara agora -aínda que con máis dunha semana de atraso- a súa disposición favorable á posta en marcha dun plano de emprego para A Mariña, tal e como o propio Partido Popular xa propuxo con anterioridade.

Os populares rexistaron no Parlamento de Galicia o pasado sete de decembro unha iniciativa reclamando á Xunta a adopción das medidas necesarias para a recuperación produtiva e creación de emprego na comarca. Anticipában así a súa proposta de medidas dirixidas a paliar os efectos da crise na Mariña lucense, así como tamén, co obxectivo de compensar o impacto no emprego dos problemas laborais que afectan a varias empresas da comarca.

Os deputados populares felictáronse porque os nacioanlistas por fin actuen con sentido común e abandonen a estratexia de demagoxia que lles levaba a intentar aproveitar politicamente a situación crítica destes traballadores. Lamentan en todo caso que os nacionalistas non tiveran actuado así antes, xa que na pasada sesión plenaria do Parlamento de Galicia o BNG tivo a oportunidade de apoiar unha emenda do Grupo Popular na que se recollía a propia posta en marcha deste plano de emprego e non quixeron nin aceptala, nin consensuala, ni tan sequera deron a oportunidade de sometela a votación.

Balseiro e Álvarez Chao emprazaron aos nacionalistas a amosar que a súa rectificación e real e que agora si están a favor da posta en marcha do plano de emprego na Mariña. Para iso convidoulles a apoiar a iniciativa que o Grupo Parlamentario Popular defenderá o vindeiro mércores día 28 na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia. Só así demostrarán que están dispostos de verdade a participar dun xeito construtivo na busca de solucións á actual situación do emprego na Mariña lucense.

Exit mobile version