Site icon Crónica3.com A Mariña

Augas de Galicia limpou no período 2010-2011 máis de 6 quilómetros de 6 cursos fluviais da Mariña

Nota de prensa

Augas de Galicia limpeza das bacías de máis de 6 quilómetros de 6 cursos fluviais da Mariña lucense.

Medio Ambiente destinará 2,3 millóns euros para o período 2012-2013 nos novos contratos de limpeza da zona norte, centro e sur de Galicia-Costa

A XUNTA DE GALICIA INVESTIU MÁIS DE 83.000 EUROS NA LIMPEZA DE MÁIS DE 6 QUILÓMETROS DE CURSOS FLUVIAIS NA MARIÑA LUCENSE

Santiago, 17 de decembro de 2011.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e do organismo autónomo Augas de Galicia levou a cabo no período 2010-2011 a limpeza das bacías de máis de 6 quilómetros de 6 cursos fluviais da Mariña lucense. Augas de Galicia destinou uns 83.000 euros no acondicionamento da zona norte da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

Cómpre engadir que a Consellería de Medio Ambiente investiu un total de 1,6 millóns de euros, no período 2010-2011, nos contratos de limpeza das bacías das provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo.

As tarefas que se levaron a cabo tiveron por obxectivo potenciar os aspectos ambientais e estéticos do entorno fluvial mediante labores de limpeza, conservación e mantemento das zonas de servidume dos ríos, así como a mellora das zonas de acceso aos mesmos. As labores principais que se levaron a cabo foron:

Outro dos labores realizadas por Augas de Galicia foi a inspección, alerta e previsión de enchentes dos ríos, co fin de manter as condicións naturais do ecosistema. Os ríos nos que se levaron a cabo as labores de limpeza na provincia de Lugo foron:

RIO CONCELLO LONXITUDE (ml) IMPORTE
RIO OURO Alfoz 1.542 12.405,83
FIGUEIRIDO Cervo 17.796,76
VARIOS Cervo 31.132,22
BAOS Lourenza 280 415,59
CARVALLO Mondoñedo 2.030 9.541,68
LANDRO Viveiro 2.500 11.373,65
TOTAL 6.352ml 82.665,73€

Contrato de limpeza de ríos 2012-2013

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, investirá máis de 2,3 millóns de euros nas limpezas das bacías da zona norte, centro e sur da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa para o período 2012-2013. Na zona norte destinaranse 858.785 euros, na zona centro serán 845.933 e na sur 609.704 euros. Os contratos terán unha vixencia de 24 meses.

A inversión prevista supón unha demostración do esforzo que está a realizar a Consellería de Medio Ambiente na conservación e recuperación do entorno fluvial do territorio galego, para así repercutir nun mellor aproveitamento dos lugares de lecer próximos aos ríos por parte dos veciños.

Exit mobile version