Site icon Crónica3.com A Mariña

Bota a andar a campaña “Vitaminas para o galego” que organizan dez medios de comunicación

Promotores da campaña “Vitaminas para o galego” presentaron en Arzúa esta iniciativa que busca sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade de ter medios de comunicación en galego.
Segundo recolle Galicia Confidencial, no acto de presentación, os organizadores da campaña, indicaron que “se se quere garantir a transmisión interxeracional da lingua, é necesario contar con medios de comunicación que empreguen o idioma propio, para difundilo, prestixialo e convertelo en lingua de uso tamén nos núcleos urbanos”.
Os organizadores son as publicacións Tempos Novos, Galicia Confidencial, Novas da Galiza, O Val Miñor, Praza Pública, Que Pasa na Costa e a rede de emisoras municipais Radiofusión. Tamén colaboran os xornais comarcais, O Sil de Valdeorras, Xornal Certo do Barbanza e Crónica3 A Mariña.
A campaña desenvolverase no primeiro semestre do 2012.

Exit mobile version