Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela na penumbra

Os gobernantes do Concello de Burela ordenaron sumir ao pobo na penumbra e mandaron apagar parte do alumeado publico para aforrar cartos. Necesitan máis de 6 mil euros para levarse para a casa cada mes. Contan coa asociación de veciños que oportunamente enmudece e dificilmente se representa a si mesma. Contan coa xa caduca asociación de empresarios, que cala. Tamén teñen o teu apoio, que falas onde nada dis e calas onde tes que falar. Entre tanto, a esperar que chegue a cabalgata de reis, que pasen os tempos escuros, que comecen as celebracións do cemiterio e o tempo das flaxelacións subvencionadas. Canta demostración de falla de xestión. Canta demostración de contundente inutilidade. Canto apoio dos caladiños.

Segundo S.

Exit mobile version