Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebrouse en Ribadeo o V Trofeo do Galo, un referente no xogo a billarda

Nota de prensa

O “Trofeo do Galo” é un referente no xogo a billarda con gran poder de convocatoria que discurre xa pola súa V edicción e que se disputou o pasado domingo 18 en Ribadeo. Desta volta os intentos de indulto por parte de algún palanador procedente do Sur non tivo éxito. Ficou no Norleste e rematou como tiña que rematar, ben desplumado e a piques de entrar no forno.

Tarde pasada por auga, por momentos caeron chuzos e mesmo no pavillón do IES Porta da Auga, se colou o líquido elemento e deixou algunha que outra poza que pero non impediu de ningún xeito a disputa do aberto. A LNB está embalada, de novo enchemos o pavillón de paláns e billardas de tódolos tipos. Dende as tradicionais feitas a navalla ata as xa mais elaborasdas, dinámicas e personalizadas. A creatividade tamén se fai presente entre os palanadores.

Antes do comezo da xornada, fíxoselle entrega a Daniel do “VARAL DE AMIEIRO”, que consiste nun trofeo e diploma no que se lle recoñece ter acadado o número de 33 varados en competición. Actualmente son catro os palanadores que ostentan este recoñecemento, Xan e Xosé Rodiño (Batea), Iván (Furabolos) e agora tamén Daniel (Billardeiros Musicais)

Discurriron as carreiras sin atrancos e con mais sorpresas das agardadas. Salientar o gran nivel a que raian tódolos palanadores/as que guinda por terra calquera previsión que con mais ou menos lóxica se poidera adiantar. Nembargantes nesta ocasión chegaron ao final con pleno de victorias dous palanadores veteráns ben coñecidos e afeitos a estar nos primeiros postos.

Denantes houbo un desempate pola terceira posición entre Regueiro e Noe (ámbolos dous de Troitas Bravas), que deu como gañador a Regueiro, un novel que empeza a ser ben coñecido pola súa progresión e por ter xa gañado na Pontenova.

Markytos (Billardeiros Musicais) e Eric (Os Outros) foron os que acadaron o 1º e 2º posto e a dúas carreiras loitaron polo galo. Na primeira carreira ficaron empatados. Foi na segunda con turno de saque para Markytos, cando este se proclamou Campión o conseguir un fermoso varado ao que Eric non poido replicar.

O Apalpador un ano máis chegou á LNB e fíxo a súa aparición no Aberto do Galo de Ribadeo e pese á tremenda tromba de auga que caeu non estaba mollado, nin por dentro nin por fora. Non faltou pois a cita anual e foi o encargado da entrega de premios que quedou da forma seguinte:

3º posto e trofeo de un lote de fabas para Regueiro (Troitas Bravas)

2º posto e trofeo de un cesto de mazás ecolóxicas para Eric (Os Outros)

1ª posto e trofeo do “JALO” para Markytos (Billardeiros Musicais)

A clasificación xeral queda así:

En equipos:

Os Outros 157 puntos, Billardeiros Musicais 156 puntos e Remourelle Bulls 128 puntos:

Individual:

1º Markytos 44 puntos, 2º Reyes 42 p., 3º Guille 41 p., 4º Daniel 40 p., 5º Eric 39 p.

Varados:

1ª Guille con 6 varados, 2º Eric con 4 varados, 3º Charli e Markytos con 3 varados.

Agora a disfrutar do Nadal e prepararse para a vindeira xornada do 14 de xaneiro en Castro de Riberas de Lea. Aló nos agarda a afamada “Galiña de Mos”

Exit mobile version