Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezaron as XI Xornadas de Arqueoloxía de Mondoñedo na Casa da Xuventude

Nota de prensa

ANTONIO VEIGA ASISTE Á INAUGURACIÓN DAS XI XORNADAS DE ARQUEOLOXÍA DE MONDOÑEDO

As xornadas celébranse este ano no salón de actos da Casa da Xuventude de Mondoñedo

Lugo, 16 de decembro de 2011. Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo, participou esta tarde na inauguración das XI Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía Villaamil y Castro, que se desenvolverán desde hoxe até o domingo. A Área de Cultura da Deputación de Lugo financia estas xornadas que acadan unha participación entorno ás 80 persoas, unha cifra importante.

Hoxe e mañá terán lugar conferencias e o domingo haberá unha visita guiada ao parque arqueolóxico de arte rupestre de Campolameiro, en Pontevedra. As conferencias celebraranse na Casa da Xuventude de Mondoñedo. A primeira delas versará sobre os restos arqueolóxicos localizados na praza do Seminario e na rúa da Fonte. A segunda centrarase nun repaso xeral á protección do patrimonio cultural. Ademais das conferencias e da visita a Campolameiro, está previsto que os participantes percorran outros puntos de interese arqueolóxico de Mondoñedo.

Exit mobile version