Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúa a instalación de múltiplex TDT que ainda non ten cobertura total en Galicia

Nota de prensa

O INICIO DAS EMISIÓNS DOS NOVOS MÚLTIPLEX DE TDT DO CENTRO REEMISOR DE VILAMÉA AMPLIARÁ A OFERTA DA TELEVISIÓN DIXITAL TERRESTRE PARA UNS 350 VECIÑOS DO CONCELLO DA PONTENOVA

A partires do luns, Marca TV, Teledeporte ou Boing son algunhas das canles que se incorporan nesta nova oferta
Unha vez comprobada a calidade da cobertura, os beneficiarios poderán atopar as canles a través dunha simple busca no receptor de TDT

Santiago, 25 de decembro de 2011.- A posta en funcionamento dos novos múltiplex de TDT no centro reemisor de televisión de Vilameá, prevista para o próximo luns día 26, permitirá ampliar a oferta da Televisión Dixital Terrestre a preto de 350 persoas do concello de A Pontenova.

Deste xeito, os beneficiados poderán disfrutar das novas canles da TDT, que se distribuirán da seguinte forma:

Canle 44: Cuatro, Canal+Dos, LaSexta2, LaSexta3, LaSextaHD
Canle 32: Boing, TelecincoHD, MTV, La 10
Canle 58: Nitro, Antena3HD, MarcaTV, 13TV

O inicio das emisións destes novos múltiplex forma parte do Plano da homoxeneización de coberturas da Xunta de Galicia que supuxo durante os últimos tres meses actuacións de mellora en 65 centros, ás que hai que engadir catro novas no mes de decembro. Este Plano está cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Para poder seguir estas canles os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura adecuada dos devanditos centros, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura na web da Oficina Técnica da TDT –www.tdtgalicia.es- ou por vía telefónica -981 572 154-.

A continuación bastará con realizar unha busca de canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción. Así mesmo, para poder ver as canles que emiten en alta definición será necesario, ademais, dispor dun receptor con sintonizador de alta definición HDTV.

Exit mobile version