Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúa aberto o prazo para poder inscribirse en Xove no concurso de karaoke

Nota de prensa

O venres 30 de decembro, a partires das 22:00 horas (10 da noite) vai ter lugar no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove o Iª CONCURSO DE KARAOKE, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Xove.

Con tal motivo, abreuse un prazo para poder inscribirse no mesmo; deste xeito, todos aqueles que desexen apuntarse ao Concurso o poderán facer ata mañá xoves 29 de decembro no despacho do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina (de 8:30 a 14:30 horas pola mañá), ou ben chamando ao 982 59 20 01 no mesmo horario anterior. Unha vez rematado este período de inscrición, inda haberá posibilidade de inscribirse, xa que o mesmo día do Concurso, o 30 de decembro vaise abrir tamén a inscrición, pero neste caso no propio Salón de Actos, en horario de 19:00 a 21:00 horas. Ousexa, ata 1 hora antes de comezar o Concurso, os que queiran participar, terán a posibilidade de inscribirse.

No Concurso haberá tres categorías: Peques, iunior e veteranos. En cada unha destas categorías premiarase a “Mellor voz” e “Mellor caracterización”. No primeiro caso, para a concesión do premio, o xurado atenderá á calidade da voz, modulación ou entonación. No segundo caso valorarase o vestiario, maquillaxe e aspectos similares.

En total haberá 6 premios:

Peques.

Poderán participar nesta categoría os menores de 12 anos.

Premio á “Mellor voz”: 20 euros

Premio á “Mellor caracterización”: 20 euros

Iunior

Poderán participar nesta categoría as persoas que teñan 12 anos ou máis e que non cumpriran os 18 anos.

Premio á “Mellor voz”: 50 euros

Premio á “Mellor caracterización”: 50 euros

Veteranos

Poderán participar nesta categoría as persoas que teñan 18 anos ou máis.

Premio á “Mellor voz”: 100 euros

Premio á “Mellor caracterización”: 100 euros

Exit mobile version