Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta asegura que o CEIP de Covas ten unha ratio de alumnos por docente inferior á media estatal

Nota de prensa

O CEIP DE COVAS CONTA CON 17 MESTRES, 3 DELES CON ESPECIALIDADE PARA ATENDER A NENOS CON NECESIDADES ESPECIAIS, O QUE DEPARA UNHA RATIO DE ALUMNOS POR DOCENTE INFERIOR Á MEDIA ESTATAL

Na actualidade, o devandito centro dispón dunha plantilla de profesorado por riba do que lle corresponde por catálogo a un centro das súas características

O alumnado documentado no devandito colexio como de Necesidades Educativas Especiais (NEE) non chega na actualidade á decena

Lugo, 1 de decembro de 2011.- O Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de Covas conta na actualidade cunha plantilla docente composta por 17 mestres, dos que tres son especialistas en Pedagoxía Terapéutica (PT) ou Audición e Linguaxe (AL), co que poden impartir docencia específica a alumnos con Necesidades Educativas Específicas (NEE).

Con esta dotación de persoal docente, o devandito CEIP, ao que acoden 204 alumnos, ofrece unha ratio de 12 alumnos/mestre, sensiblemente por debaixo da media estatal na actualidade en centros semellantes.

O centro dispón de tres grupos de Educación Infantil e seis grupos de Educación Primaria, para un total de nove aulas, que son atendidas polos citados 17 profesores, en concreto, 2 mestres máis que os que determina o catálogo educativo para un centro destas características.

Dadas as características de alumnado documentado como con NEE -que na actualidade non chega á decena-, no presente curso contan con dous especialistas neste ámbito por riba do que corresponde a un centro de similares características. Así, o número de docentes de Pedagoxía Terapéutica chega ata dous, en tanto que conta coa dotación de un mestre de AL. Este último mestre presta servizo íntegramente neste colexio catro dos cinco días da semana lectiva.

Exit mobile version