Site icon Crónica3.com A Mariña

Escolares de Foz e Barreiros poderán “falar con Papá Noel” por un sistema de videoconferencia da Xunta

Nota de prensa

A XUNTA DE GALICIA FAI POSIBLE QUE OS NENOS GALEGOS FALEN CON PAPÁ NOEL A TRAVÉS DE VIDEOCONFERENCIA

§ A rede CeMIT dará soporte técnico ás conexións con Laponia que van realizar dende hoxe ata o vindeiro luns, día 19

§ Máis de 1.100 nenos e nenas de entre 3 e 7 anos de 24 concellos de Galicia participarán nesta actividade

Santiago, 12 de decembro de 2012.- Dende hoxe e ata o vindeiro luns, día 19, o alumnado de educación infantil de 24 concellos de Galicia terá a oportunidade de facer as súas peticións navideñas directamente a Papá Noel aproveitando e utilizando as vantaxes das novas tecnoloxías.

Deste modo, facendo uso da rede de aulas CeMIT (Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica) distribuídas por todas as comarcas de Galicia, aproveitanse estas datas para brindar aos nenos de diversas localidades a oportunidade de manter unha videoconferencia con Papá Noel na que poderán pedirlle os seus regalos.

Así, escolares de Educación Infantil de Celanova, A Estrada, Pontedeume e Vilagarcía foron hoxe os primeiros en recibir esta esperada visita. Foi por medio de videoconferencia e a comunicación en tempo real uniu Laponia, terra natal de Papá Noel, coa rede de aulas de comunicación multimedia dispersa pola xeografía galega. Este intercambio de mensaxes comezou hoxe luns, a razón de media hora en cada aula, aínda que non será a única aparición do dono dos renos mais famoso do mundo.

Por toda Galicia

Ademais destas localidades, Papá Noel visitará outros centros da rede galega que ten en marcha a Xunta de Galicia. En virtude desta experiencia, os nenos e nenas de Vimianzo, O Barco, Betanzos, Ourense, A Cañiza, Verín, Fisterra, Muros, Fonsagrada, Ponteareas, Ferrol, Foz, Brión, Barreiros, Abegondo, Oroso, Ortigueira, Negreira, Quiroga y Marín tamén poderán realizar as súas peticións navideñas.

Compre subliñar que, ademais dos alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel o alumnado do Centro de Educación Especial Miño de Ourense e o Centro Pai Menni de persoas con discapacidade de Betanzos.

O obxectivo desta actividade, que neste ano cumpre o seu 5º aniversario e esperta un gran interese entre a comunidade educativa, será o de establecer unha comunicación fluída e cara a cara entre Papá Noel e os nenos destas comarcas, poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos do mundo.

Con este tipo de experiencias, a rede CeMIT da Xunta de Galicia busca converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen, acurtando distancias e facendo posible a interactuación entre diversas localidades nun mesmo proxecto común.

PROGRAMA DE VIDEOCONFERENCIAS PREVISTAS:

LUNS, DÍA 12 DE DECEMBRO

HORA

CONCELLO

COLEXIO

10,30

CELANOVA

CPR Sagrado Corazón (20 nen@s de Educación Infantil)

11,00

A ESTRADA

Colexio Foxo

11,30

CELANOVA

CEIP Curros Enríquez (20 nen@s de Educación Infantil)

12,00

PONTEDEUME

Unitaria de Ombre+Boebre; Atocha (75 alumnos)

12,30

VILAGARCÍA

Colexio Vagalume (50 nen@s)

MARTES, DÍA 13 DE DECEMBRO

HORA

CONCELLO

COLEXIO

10,30

VIMIANZO

CEIP San Vicenzo

11,00

O BARCO

Colexio Conde Fenosa

11,30

VIMIANZO

CEIP San Vicenzo

12,00

BETANZOS

Escola infantil Cocofantes+Preescolar na casa

12,30

OURENSE

Centro de Educación Especial Miño (12 alumn@s)

13,00

BETANZOS

Centro pai Menni (persoas con discapacidade)

MÉRCORES, DÍA 14 DE DECEMBRO

HORA

CONCELLO

COLEXIO

10,30

A CAÑIZA

C.P.I. A Cañiza (40 nen@s)

11,00

VERÍN

Colexio Amaro Refojo ( 50 nen@s de 3 anos)

11,30

A CAÑIZA

CEIP Valeixe (37 nen@s)

12,00

FISTERRA

CEIP Arreouta Sardiñeiro+Nosa sra. do Carme+ Mar de Fóra

12,30

MUROS

CEIP de Muros (30 nen@s)

XOVES, DÍA 15 DE DECEMBRO

HORA

CONCELLO

COLEXIO

10,30

A FONSAGRADA

CEIP Sta. María+Escola Infantil (25 nen@s de 3 a 6 anos)

11,00

PONTEAREAS

CEIP Santiago de Oliveira (37 nen@s de 3 e 4 anos)

11,30

FERROL

CEIP Masdías (37 nen@s de 6 e 7 anos)

12,00

PONTEAREAS

CEIP Santiago de Oliveira (37 nen@s de 5,10 e 13 anos)

12,30

FOZ

C.P.R. Martínez Otero (53 nen@s de 3 a 5 anos)

VENRES, DÍA 16 DE DECEMBRO

HORA

CONCELLO

COLEXIO

10,30

BRIÓN

C.P.I. Pedrouzos

11,00

BARREIROS

CEIP S. Miguel de Reinante+CEIP San Cosme ( 40 + 15 nen@s)

11,30

PONTEDEUME

Couceiro Freixomil+Andrade (50 nen@s)

12,00

ABEGONDO

CEIP San Marcos (78 nen@s de 4 e 5 anos

12,30

OROSO

LUNS, DÍA 19 DE DECEMBRO

HORA

CONCELLO

COLEXIO

10,30

ORTIGUEIRA

C.P.I. José María Lage (75 nen@s)

11,00

NEGREIRA

11,30

QUIROGA

12,00

MARÍN

CEIP A Laxe, Calvo Sotelo, Galiña Azul, Virxe do Carme

12,30

ORTIGUEIRA

C.P.I. José María Lage (outros 75 nen@s)

Exit mobile version