Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito do crowfunding de “Vitaminas para o galego”, iniciativa de dez medios de comunicación galegos

Nota de prensa

O proxecto “Vitaminas para o galego” comezou hoxe xoves 22 de decembro a búsqueda de micromecenas a través da plataforma de verkami. As primeiras horas foron dun auténtico e sorprendente éxito xa que se atoparon en pouco máis de 3 horas, 8 micromecenas. O proxecto permanecerá en vigor durante 40 dias, ata finais do mes de xaneiro.

Dez medios de comunicación en galego puxeron en marcha “Vitaminas para o galego”, campaña de sensibilización que pretende suliñar a importancia de contar con mass media no idioma propio de Galicia, se queremos garantir a súa transmisión interxeneracional. Galicia confidencial, Tempos Novos, Novas da Galiza, Radiofusión, Praza Pública, Ovalmiñor.info, quepasanacosta, certo.gl, cronica3 e O Sil, presentaron a iniciativa o pasado sábado dia 17 no marco de Terractiva, Feira ecolóxica de Arzúa.

Agora no crowfunding

O crowfunding é unha forma directa de financiar proxectos coa suma de aportacións individuais. A páxina de verkami diríxese a creadores independientes que buscan financiación para materializar as súas ideas. O seu publico, convertido en mecenas, recibe recompensas exclusivas a cambio das súas aportacións.

O link da web é:

http://www.verkami.com/projects/1040-vitaminas-para-o-galego

Exit mobile version