A Coral Polifónica Alborada de Viveiro organiza o domingo, día 18 de decembro de 2011, as 20:30 horas, na Igrexa das Concepcionistas o Festival de Panxoliñas Nadal 2011 co Coro Amigos do Camiño, de Lugo e a Polifónica Alborada. Patrocinado pola propia coral o acto conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Viveiro e das Relixiosas Concepcionistas.