Site icon Crónica3.com A Mariña

Francisco Javier Alonso “Chingla” será o pregoeiro da IX festa do berberecho de Foz

Nota de prensa:

UN PREGOEIRO DE LUXO PARA A IX FESTA DO

BERBERECHO DO CONCELLO DE FOZ

Continuando cos preparativos da IX Festa do Berberecho, que terá lugar os días 21 e 22 de xaneiro próximo, o Concello de Foz a través da Concellería de Pesca e Consumo, que dirixe Pedro J. Fdez. Manín, que entre outras cousas aposta pola propia xente de Foz.

Neste senso, segundo informa Fernández Manín, xa conta cun pregoeiro de luxo, nativo desta localidade, amante da mesma, que levou o nome de Foz por varias vilas e cidades, que nos seus tempos foi mariñeiro e sabe do que trata, pero a súa impecable voz levouno a ser unha das grandes promesas da música focega, iniciando os seus primeiros pasos no mundo da música no seu propio pobo co grupo “Unión Pop” na compañía de Suso Maldonado e Jesús Salvador Fernández Moreda. Pasando máis tarde a formar parte das orquestras tan importantes e famosas como CENIZA de A Coruña ou TREBOL de Ferrol, logo máis tarde formou dúo co seu entrañable compañeiro e amigo Salvador López Rodríguez (SALVA), indiscutiblemente estamos a falar dunha persoa nacida no barrio das casa baratas e mas tarde no Campo da Cabana, que non é outra, que Francisco Javier Alonso Navarro, coñecido no seu querido Foz como “CHINGLA”.

Por parte da organización, prosigue Fernández Manín, estase a promocionar esta festa xa con renome en Foz, en concellos do Sur da provincia de Lugo, ademais dos que xa tradicionalmente acudían.

Exit mobile version