
Os gañadores da primeira fase da campaña Presume de praceiro e de praceira foron: Gloria Lorenzo, María Rita Monteagudo e Angeles Díaz, que recibiron tres vales por importe de 75, 50 e 25 euros respectivamente para empregar nas vindeiras compras que realicen no mercado municipal de Ribadeo. O sorteo, que tivo lugar esta mañá na praza de abastos de Ribadeo, estivo presidido pola concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez. A segunda fase da campaña, que organizou a Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Ribadeo, desenvolverse do 9 ao 20 de xaneiro.