Site icon Crónica3.com A Mariña

Grande acollida de público dos actos de Nadal no concello de Xove

Nota de prensa:
O pasado fin de semana, concretamente os dias 23 e 25 de decembro, o noso Concello acolleu unha importante serie de actividades:
-O venres 23 tivemos unha Festa do Nadal coa presencia de Papá Noel na Escola Infantil de Xove. Xa pola tarde-noite, disfrutamos dun Concerto de Nadal coa Orquestra Clásica de Xove no Salón de Actos do Cívico, e para rematar, inaugurouse o Belén Xigante de Xove, que está ubicado no Parque Municipal.
-O domingo 25, Día de Nadal, disfrutamos de “El Show de los Payasos” no Pavillón Municipal de Deportesde Xove.
DE TODAS ESTAS ACTIVIDADES ADXUNTAMOS FOTOGRAFÍAS.

Hoxe, luns 26 de decembro, de 11:00 a 13:00 horas imos ter un OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA E GLOBOFLEXIA na Aula Multideportiva, no cal contamos con numerosos nenos/as de ata 4º de Educación Primaria. Xa pola tarde, ás 16:30 horas, imos ter a primeira película deste Nadal coa videoproxección da película de Debuxos Animados “WALL-E”, no Salón de Actos do Centro Cívico.

Para mañá, martes 27 de decembro, o Programa é o seguinte:
-De 16:00 a 18:00 horas, na OMIX, teremos un OBRADOIRO DE CERÁMICA, no que están inscritos numerosos rapaces de 5ª de Educación Primaria en diante.
-Pola noite, ás 21:30 horas, teremos a videoproxección de “HARRY POTTER Y LAS RELIQUIAS DE LA MUERTE – PARTE Iª”, no Salón de Actos do Centro Cívico.

Exit mobile version