O Cenima abre de novo as súas portas ó arte. Desta volta temos a honra de contar coa presenza de Hipólito Xeada, quen nos presenta unha selección das súas últimas creacións, tanto de pintura como de escultura. Esta mostra está constituída por 35 pezas representativas do inmenso talento dun dos artistas mariñáns cunha traxectoria máis que recoñecida. A exposición inaugúrase este venres 23 de decembro, ás 19 h., no Cenima de Foz, e permanecerá nas nosas instalacións ata o 28 de xaneiro.