Site icon Crónica3.com A Mariña

Jam Session no Atrezzo Café de Burela organizada pola asociación pedagóxico-musical Marosa Jazz

Nota de prensa

Venres, 09 de Decembro de 2011, o Atrezzo Café acollerá unha nova Jam Session a partir das 23:00 horas. O evento está organizado pola Asociación pedagóxico-musical Marosa Jazz e a entrada é libre, polo que todo o mundo está convidado a asistir e desfrutar da música, especialmente os instrumentistas que desexen subir ao escenario a interpretar uns “standars”. Dende a asociación faise un chamamento a todos os intérpretes e estudantes de música da comarca da Mariña lucense a animarse e participar, dada a oportunidade que representa contar con un evento destas características nesta zona da xeografía galega.
Abren a jam session:

Roberto Bouça (saxo alto)
Israel Arranz (vibráfono)
Mario Arranz (baixo eléctrico)

Exit mobile version