Site icon Crónica3.com A Mariña

Lourenzá oferta unha programación de Nadal con obradoiros, visitas de Papá Noel, xogos e cabalgata de Reis

Nota de prensa

Programación infantil de nadal lourenzá 2011-12

Venres, 23 de decembro

* Ás 17:30 h., visita de Papá Noel ao P.A.I. (Punto de Atención á Infancia) “Meniños”, para coñecer aos veciños/as máis novos de Lourenzá.
* Ás 18:30 h., visita de Papá Noel á Casa do Concello e recepción a tódolos nenos con entrega de lambetadas.

Luns 26, mércores 28 e venres 30 de decembro
Luns 2 e mércores 4 de xaneiro

* Obradoiros de Nadal: “Postais e adornos navideños”
* Xogos de interior: “Mañás a xogar… no Nadal”
En grupos, segundo as idades
(data límite para anotarse: venres, 23 de decembro)

XOVES, 5 DE XANEIRO

* Cabalgata de Reis a partir das 18:00h,. Saída do Albergue e percorrido polas rúas ata chegar ó Concello, onde os Reis recibirán a tódolos nenos que se acheguen a saudalos, e lles farán entrega dun pequeño agasallo.
* Ó remate, un espectáculo de contacontos a cargo de Manu Panforreteiro, no Salón de Actos da Casa da Cultura.

O lugar para anotarse para os Obradoiros e os Xogos, é a Biblioteca en horario de 17:30 a 20:00 horas. As prazas son limitadas, polo que se respectará a orde de inscrición.

Exit mobile version