Site icon Crónica3.com A Mariña

Militantes do PSOE de Foz fan público un manifesto no que rexeitan as cadeiras vitalicias e as intrigas cortesáns para conseguilas

Manifesto de militantes do P. S. O. E. da Agrupación local de FOZ

Militantes do P. S. O. E. da Agrupación local de FOZ

MANIFESTAN:

1º – Que, ante a situación delicada po la que atravesa o partido socialista, ben sexa po los resultados electorais , que tamén, pero sobre todo, polo comportamento dos nosos dirixentes, ignorando os principios do noso partido, e preocupándose mais polo mantemento da cadeira, que por aberiguar que se fixo mal, para que catro millons de votantes socialistas deixasen de darnos o seo apoio. A crise tivo algo de culpa, pero non toda, hai outras razóns que os dirixentes non queren escoitar.

2º – Que a análise que se pretende facer, ten por obxecto recuperar un partido que foi encontro de debate, discusión e defensa dos mais profundos principios democráticos, de solidarizade e igualdade, das persoas que creeron e creen que o futuro , e o poder está nos cidadáns e non nunca na clase política acomodada os intereses do sistema capitalista.

Onde estaban os nosos deputados para non cambiar a lei que permite a uns listos levar unhas indemnizacions millonarias despois de arruinar as empresas para as que traballaban, algunhas públicas.

3º – Os que afirman que o partido está ben, faltan a verdade, ou están mais preocupados por os anos que lles faltan para xubilarse e non permitir que lles movan o asento, e iso impídelles ver a realidade.

4º – Os nosos dirixentes, dende as agrupacións locais ata o secretario xeral federal, non poden mirar para outro lado e dicir que os militantes están tranquilos, porque si iso fora verdade, despois de perder o 38% dos votos o PSOE estaría na agonía. Pero afortunadamente non sucede iso, porque OS MILITANTES OS QUE NON LLES IMPORTA O SILLÓN, os que nin o teñen nin o ambicionan, que somos a inmensa maioría, non o vamos a permitir. Vamos a “pelexar” dentro e fora do partido po lo que creemos, para que os principios do PSOE volvan a ser respectados, tamén po los dirixentes.

5º – Ó noso partido , necesita un cambio orgánico. Esiximos a dimisión das executivas, dende a federal ata as locais, nomeando xestoras ata os próximos congresos. Os que levaron o partido a esta situación, non teñen autoridade moral para organizar un congreso.

REXEITAMOS AS CADEIRAS VITALICIAS, E AS INTRIGAS CORTESANAS PARA CONSEGUILAS.

6º – Defenderemos que a elección dos respectivos Secretarios Xerais (Federal, Rexional, Provincial, Local, etc) se faga por votación directa dos afiliados, e igual medida para as Executivas.

7º – Propiciar todos los cambios estatutarios precisos para que o control do Partido radique nas bases e non nuns poucos acomodados.

8º – Reivindicamos un partido socialista de esquerdas, que sexa capaz de dar resposta os novos desafíos que nos impón o sistema capitalista. Un partido Socialista DEMOCRATICO, onde collan todos os homes e mulleres progresistas, dispostos a loitar por una sociedade sen clases ónde todos teñamos as mesmas oportunidades, os mesmos dereitos e os mesmos deberes sen privilexios, ónde todos teñamos as prestacións sociais mínimas aseguradas.(Sanidade ,educación, dependencia, etc) e que estas sexán públicas) Una sociedade de mulleres e homes libres e responsables.

9º – O futuro do PSOE pasa por falar de ideas, propostas e proxectos demandados po la sociedade, e onde experiencia e a xuventude da militancia deben confluír.

Exit mobile version