Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela e o concelleiro de Obras reuniranse con técnicos do equipo redactor do PXOM

Nota de prensa

GONZÁLEZ BARCIA E FERNÁNDEZ VALLE MANTERÁN MAÑÁ UNHA XUNTANZA CO EQUIPO REDACTOR DO PXOM. O OBXECTIVO É SEGUIR AVANZANDO NA SÚA ELABORACIÓN.

Burela, 28 de decembro de 2011. O alcalde de Burela, José María González Barcia, o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, e o técnico municipal manterán mañá unha xuntanza co equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal para seguir avanzando na súa elaboración.

Por outra banda, a xunta de goberno do Concello acordaba outorgar licencia de obra para unha actuación que levará adiante Armadores de Burela e que suporá un investimento duns 200.000 euros. Entre os traballos que se acometerán figura a reparación de portas nas instalacións da lonxa de subasta de peixe.

Exit mobile version