Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela pedirá a axuda á Deputación para o parque empresarial da Puída e para actividades varias

Nota de prensa

CONCELLO E DEPUTACIÓN ASINARON UNHA ADENDA AO CONVENIO RUBRICADO NO SEU DÍA PARA FACER DISTINTAS OBRAS DE MELLORA NA CASA DA XUVENTUDE POR IMPORTE DE 20.000 EUROS. GONZÁLEZ BARCIA DEMANDARÁ TAMÉN A COLABORACIÓN DO ORGANISMO PROVINCIAL PARA A REALIZACIÓN DE DIVERSAS ACTIVIDADES EN BURELA E DO PARQUE EMPRESARIAL DE A PUÍDA.

Burela, 7 de decembro de 2011. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, e o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, asinaron na institución provincial esta mañá unha adenda a un convenio rubricado no seu día para facer distintas obras de mellora na Casa da Xuventude por importe de 20.000 euros.
O rexedor dixo que “a xuntanza foi cordial e marca un pouco a pauta para unha colaboración entre a Vicepresidencia Primeira da Deputación, que leva Antonio Veiga, e o Concello de Burela”. González Barcia anunciou que “nos vindeiros días lles imos plantexar a posibilidade de asinar algún convenio para a realización de actividades turísticas, culturais e deportivas”. O alcalde estima que a disposición da Diputación “é boa e, tendo en conta que as relacións institucionais e as personais tamén son boas, entendo que se abre unha vía para colaborar”.
González Barcia solicitará tamén manter unha nova entrevista co presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, “para concretar algunhas cuestións que se lle plantexaron na súa visita a Burela, como por exemplo a disposición da Deputación a participar dun xeito activo, tal e como estaba previsto no seu momento a través de Suplusa, na construcción e posta en marcha dun parque empresarial na zona de A Puída, sobre o que xa se está traballando agora mesmo a través do Plan Xeral de Ordenación Municipal”.

Exit mobile version