Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela reuniuse coa asociación de veciños “O Vencello” e falaron do EDAR e do corredor da costa

Nota de prensa:

GONZÁLEZ BARCIA MANTIVO UN ENCONTRO COA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS O VENCELLO NO QUE FALARON DE CUESTIÓNS COMO A EDAR OU TRAZADO DO CORREDOR BARREIROS-SAN CIBRAO.

Burela, 22 de decembro de 2011. O alcalde de Burela, José María González Barcia, mantivo un encontro esta mañá coa asociación de veciños O Vencello no que analizaron cuestións como a EDAR, o trazado do corredor Barreiros-San Cibrao, a posible ampliación do Hospital da Costa ou o retraso das obras de acceso do porto.

O rexedor sinalou que “tal e como ven sendo habitual, unha vez cada mes, hoxe mantivemos unha reunión coa asociación de veciños O Vencello, de Burela, para intercambiar información, como vimos facendo, sobre aqueles aspectos que máis interesan aos veciños e ao Concello de Burela. No día de hoxe estivemos vendo algúns proxectos que temos enriba da mesa de cara aos próximos meses”.

González Barcia indicou que un dos asuntos analizados “ten que ver coa Edar, cunha nova ou coa ampliación da que temos”. E explicou que “tamén estivemos falando do impacto que ten sobre o noso territorio o trazado, xa aprobado definitivamente a través da declaración de impacto ambiental, do corredor Barreiros- San Cibrao. Hai que recoñecer que a asociación de veciños e tamén o propio Concello estamos un pouco preocupados deste tema, máxime tendo en conta que as alegacións que presentamos no seu dia non foron contestadas. Pero aínda así pola nosa parte se lles indicou que xa estabamos barallando esa hipótese e que no plan xeral se estaban a plantexar cuestións precisamente tendo en conta ese trazado polo que vai ir”.

O alcalde burelés e os responsables da asociación de veciños O Vencello tamén falaron dos terreos que o Concello vai reservar para unha posible e futura ampliación do hospital. E tamén analizaron o retraso que leva a obra do acceso ao porto, “sendo conscientes de que esta obra é de vital importancia para o porto e para Burela en xeral”.

Barcia dixo que “dimos conta daquelas cuestións referidas á actividade municipal que tiveron certa relevancia nas ultimas semanas, como a aprobación do presupostos ou as ordenanzas. En definitiva trátase de ter un contacto permanente e directo coa asociación de veciños O Vencello, que é a que representa a todos os veciños. Pola nosa parte quedamos en manter eses contactos que eu creo que son importantes, porque lóxicamente eles transmiten o sentir dos cidadáns e dos seus asociados, porque é a sua obriga, como asociación que son, e nós o que temos que facer é intentar ser o mais receptivos posible e atender aquelas cuestións prioritarias e intentar mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, que evidentemente é un obxectivo común tanto da asociación de veciños como do Concello de Burela”.

Na xuntanza desta mañá tamén participou o concelleiro de Obras e tenente de alcalde, Manuel Fernández Valle.

Exit mobile version