Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela tratou en Santiago sobre os problemas da estación depuradora e dos accesos ao porto

Nota de prensa:

GONZÁLEZ BARCIA MANTIVO EN SANTIAGO UN ENCONTRO CON AGUSTÍN HERNÁNDEZ NO QUE FALARON DOS PROBLEMAS QUE ESTÁ A SOFRIR A ESTACIÓN DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS E DAS OBRAS DE ACCESO AO PORTO.

Burela, 9 de decembro de 2011. O alcalde, José María González Barcia, mantivo esta mañá en Santiago un encontro con Agustín Hernández, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras. Na xuntanza falaron dos problemas da estación depurada de augas residuais de Burela e das obras de acceso ao porto.

González Barcia explicou que “neste encontro estivemos analizando a posibilidade de reformar, ampliar ou facer unha nova estación depuradora de augas residuais. Nós o que lle plantexamos ao conselleiro é a continúa sucesión de problemas que nos está a dar actual EDAR, algo que non é de agora senón que xa leva tempo nesta situación”. Para o rexedor de Burela “o conselleiro foi moi receptivo, él sabía que nós xa mantivemos conversas con Augas de Galicia sobre esta cuestión e no que quedou comprometido foi en estudiar cos responsables dese organismo as distintas solucións que se lle poden dar a esta problemática que temos plantexada”.

O alcalde burelés relatou que “o que eu lle decía a Agustín Hernández é que ao mellor si a reforma da actual EDAR podía supoñer un custe medianamente elevado e que a medio prazo nos puidese dar problemas ao mellor non sería malo plantexarse a construcción dunha nova. Él recolleu o guante e vai falar cos técnicos de Augas de Galicia para a posible inclusión da EDAR de Burela nun plano de investimentos que están a facer en materia de saneamento”.

Presuposto elevado

Sobre as obras de acceso ao porto José María González Barcia dixo ser consciente da situación económica na que nos atopamos, “estamos nunha situación moi difícil, moi complexa, esta obra ten un presuposto elevado, prácticamente 8 millóns de euros. O que sí é certo é que o proxecto está definitivamente aprobado e que o sí él me dixo é que ten o compromiso de facer a obra, pero agora mesmo non dispón de cartos. Esto á xente hai que decirllo con total claridade”.

O rexedor burelés indicou que “a miña obligación é reiterarlle a necesidade e a urxencia desa obra. Existe a posibilidade de que ao longo do vindeiro ano, con remanentes doutras obras, etc, se poida proceder a iniciar os trámites para á súa licitación e adxudicación. Eu digo que esas son as posibilidades que hai, o que non digo é que eso vaia ser realidade. Estaremos en contacto permanente con Agustín Hernández, él se brindou a ternos perfectamente informados de todos os movimentos económicos que se poidan producir, aínda que non ten moito marxe. A ver si nos vindeiros meses podemos ter algunha nova a este respecto”.

Exit mobile version