Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo demanda maior coordinación entre Policía Local e Garda Civil para evitar roubos

Nota de prensa:

FERNANDO SUÁREZ PÍDELLES AOS VECIÑOS QUE EXTREMEN AS PRECAUCIÓNS TRAS OS ROUBOS QUE SE PRODUCIRON EN VARIAS VIVENDAS ESTA SEMANA. O ALCALDE VOLTA A QUEIXARSE E A DEMANDAR MAIOR COORDINACIÓN ENTRE A POLICÍA LOCAL E A GARDA CIVIL.

Ribadeo, 22 de decembro de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, non quere ser alarmista, pero pídelles aos veciños que extremen as precaucións tras os roubos que se produciron en varias vivendas esta semana. O rexedor demanda tamén unha maior coordinación entre a Policía Local e a Garda Civil.

Suárez Barcia referíuse hoxe aos roubos que sofriron varias vivendas unifamiliares en Ribadeo ou en parroquias cercanas á vila estes días, “eu non pretendo crear alarma entra a cidadanía, a miña misión é todo o contrario, pero quérolle pedir á xente unha cousa básica á vista de cómo se desenvolveron estes roubos, a xente que vive en vivendas unifamiliares debe extremar as medidas de seguridade como non deixar abertas ventás, que son accesibles desde o exterior, ou non deixar cando se vaian ou saian a porta só co resbalón, senón que hai que pasarlle a chave. Cando non se estea nas vivendas deben deixar algún signo de actividade no interior como algunha luz acesa ou signos que evidencien actividade humana dentro, aínda que non se atope ninguén ni interior dos domicilios”.

O rexedor insistiu “no que teño dito varias veces, a pesares de ter sido criticado nalgunha ocasión por elo, pero me reafirmo unha vez máis, si algunha persoa ve algo sospeitoso que o comuniquen á Policía Local ou á Garda Civil, que o comuniquen a eses corpos de seguridade que están para iso e para iso lles pagamos entre todos”.

Fernando Suárez manifestou a súa preocupación “porque vexo que aínda falta coordinación entre a Policía Local e a Garda Civil, a pesares de que temos feito moitas xuntas de coordinación e seguridade non vexo que exista unha coordinación como a min me gustaría. De feito eu esta mesma mañá posto en contacto con representantes da Garda Civil e con responsables da Subdelegación do Goberno volto a a ofrecer a miña colaboración e volto a queixarme da falla de consideración que teñen coa Policía Local nun momento, cando anteonte foron asaltados catro ou cinco domicilios en Ribadeo, nin siquera a Policía Local foi advertida para que puidera participar en labores de coordinación, axuda, apoio, investigación, etc… e iso é lamentable”. O alcalde ribadense non cre que “os corpos da Garda Civil estean tan sobrados como prescindir de contar coa Policía Locald e Ribadeo”.

Suárez Barcia dixo que “Ribadeo sempre foi un sitio tranquilo e entre todos debemos poñer todos os medios para que o siga sendo”. E ofreceu “tal e como levo facendo moito tempo, a colaboración da Policía Local, pero tamén quero que se me faga caso por parte da Subdelegación do Goberno. E ao mesmo tempo a parte das cuestións institucionais, quérolles lembrar aos veciños que deben estar atentos, había moita xente que se preciaba de durmir coa porta aberta, pero lamentablemente temos unha autovía, estamos nunha encrucillada de camiños, ven moita xente de fora e non se trata de converter esto nun estado policial, pero sí cando menos trátase de pechar a porta con chave polas noites”.

Exit mobile version