Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo felicita as festas aos veciños e ás veciñas cunha chamada á solidariedade

Nota de prensa

SUÁREZ BARCIA FELICITA AS FESTAS AOS VECIÑOS E ÁS VECIÑAS DE RIBADEO E FAI UNHA CHAMADA Á SOLIDARIDADE, Á UNIÓN E AO COMPROMISO ENTRE AS XENTES PARA QUE O 2012 SEXA MÁIS POSITIVO QUE O PRESENTE ANO.

Ribadeo, 23 de decembro de 2011. O alcalde, Fernando Suárez, felicita as festas aos veciños e ás veciñas de Ribadeo e fai unha chamada á solidaridade, á unión e ao compromiso entre as xentes para que o 2012 sexa máis positivo que o ano que está a piques de rematar.
O rexedor aproveitou a víspera da noiteboa “para desexarlles a todos os veciños e as veciñas de Ribadeo e por extensión a todos os pobos veciños da Mariña lucense e do Occidente asturiano no meu nome, no do equipo de goberno do Concello e tamén no de toda a Corporación Municipal, unhas boas festas, un bó nadal e un feliz aninovo. E que nestas datas, que para algúns son tristes polos que xa non están e polo recordo daquelas persoas que se foron neste ano, a pesares diso que estas festas nos dean forzas para encarreirar ben este vindeiro ano, que moitos pronostican cheo de desafíos, cheo de incertezas, aínda que eu tamén estou seguro que o noso pobo, que xa pasou por moitos momentos duros, será capaz de superar esta situación grazas ao espíritu solidario que está aflorar cando hai necesidade”.
Suárez Barcia lembrou o dito popular nunca choveu que non escampara, “e estou seguro que entre todos sacaremos o barco deste país adiante. Quero subliñar nestas datas estes valores de solidaridade, de unión e de compromiso entre as xentes para que o ano 2012 sexa un ano máis positivo do que estivo a ser ou está a ser o presente 2011”. E engadiu que “desde o Concello de Ribadeo intentaremos traballar arreo, como o estamos a facer, con dificultades, con fallos e con acertos, pero sempre desde a boa fé e desde o compromiso de servir a todos os ribadenses e a todas as ribadenses desde o punto de vista do interese público que prevaleza sempre por enriba do interese particular”.

Exit mobile version