Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde debe asumir as súas propias responsabilidades en materia de seguridade publica, asegura o PSOE de Ribadeo

NOTA DE PRENSA
PSdeG/PSOE/RIBADEO
Declaracións do portavoz municipal, Eduardo Gutiérrez

O ALCALDE DEBE ASUMIR AS SUAS PROPIAS RESPONSABILIDADES EN MATERIA DE SEGURIDADE PÚBLICA

Como se sabe, a pasada semana unha nova vaga de roubos tivo lugar en Ribadeo, neste caso en Ove, na zona residencial próxima ao casco urbano. Trátase dun feito lamentable. Pero coma sempre o alcalde iniciou a mesma cantinela: botarlle a culpa a alguén, con tal de non asumir responsabilidades. Neste caso lamenta que por pàrte da Guarda Civil non se informara á Policía Local e, particularmente, que non lle dixeran nada a el, como se entre as obrigas dos corpos de seguridade estivera esa función.. ¿Para qué? Pois para facer declaracións, que é o único labor que realiza desde hai tempo. Para cumprir coa sua propia divisa: facer que fai. Ou sexa nada, chamar aos veciños para darlles o pésame e meterlle a culpa á subdelegación do Goberno.

O alcalde ten ao seu cargo un corpo de Policía Local, coas suas propias competencias e é da sua responsabilidade que funcione de xeito eficaz e competente. Concretamente ten atribuidas funcións de prevención e vixilancia, que non se cumpren en absoluto, ainda que existen os recursos humanos precisos. O que compre é organizalos de xeito eficaz. Por citar un exemplo: prescindindo de servizos absolutamente ociosos durante o día, e ordenando vixilancia nouturna en determinadas datas e temporadas, estas nas que vivimos, concretamente. Asi que o que ten que facer o alcalde é asumir as suas propias responsabilidades e facelas cumprir no ámbito da policía local, tanto respecto do que acabamos de decir como das ob rigas que lle corresponden ao mando operativo do corpo, que deixa mnoito que desexar, como é público e notorio. E deixarse de cuestións pintorescas, como se dispuxera do MI 6.

Exit mobile version