Nota de prensa:
“UN SO VAL, UN SO CONCELLO”
Dende o Bng imos presentar unha moción para propoñer que se fusionen os dous concellos do Val do Ouro, Alfoz e O Valadouro
Medida que levamos reflexada no programa electoral do Bng de ambos concellos dende o ano 1995.
“Para fusionar os concellos de Alfoz e O Valadouro existen claros motivos de necesidade e conveniencia económica e social, así como grandes consideracións de orde xeográfico e demográfico, igualmente do proceso de fusión derivaranse importantes vantaxes para ambos concellos.”
“O Val do Ouro é un entorno xeográfico e demográfico claramente delimitado e presenta unha realidade única para todo o seu territorio.”
“O Val do Ouro presenta unha realidade económica común, realidade que se vería gravemente afectada si non existise o concello veciño.”
“A vida social de ambos concellos que forman o Val do Ouro é unha vida común e fortemente vinculada, que se desenvolve con total independencia da demarcación xeográfica.”
A austeridade que nesta época de crise tan profunda se toma como bandeira, é sinxelamente un argumento máis, anque obriga a tomarse en serio a fusión dos concellos de Alfoz e O Valadouro a moitas persoas que antes non o facían.
De ser dous concellos que cada día que pasa imos a menos en todo, podemos pasar a ser unha referencia, ser bandeira en Galicia, e dar exemplo do que se pode conseguir unificándonos.
En breve os dous concellos que conforman a comarca do Val do Ouro baixarán de 2000 habitantes e consecuentemente descenderán de categoría, pasarán de once a nove concelleiros, o cal suporá un importante descenso nos ingresos de ambos concellos, Alfoz na actualidade ten un censo de 2031 habitantes, co actual ritmo de perda de poboación en breve baixará de categoría, e no Valadouro na actualidade teñen 2163 polo cal se atopan na mesma situación, e ambos para a vindeira lexislatura posuirán un categoría inferior a actual.
Son concellos que pouco a pouco estanse apagando, no último ano tan so naceron 5 nenos en Alfoz e 5 en O Valadouro.
“A fusión dos concellos debe ser un medio para frear a grave despoblación do Val.”
A evolución de nacementos dos últimos anos e verdadeiramente negativa e preocupante, estase a producir un alarmante decrecemento poboacional:
Nacementos por Concello | ||
Ano | Alfoz | Valadouro |
2001 | 8 | 7 |
2002 | 11 | 5 |
2003 | 12 | 11 |
2004 | 13 | 8 |
2005 | 9 | 10 |
2006 | 11 | 6 |
2007 | 7 | 11 |
2008 | 7 | 11 |
2009 | 4 | 18 |
2010 | 7 | 24 |
2011 | 5 | 5 |
Estamos chegando a unha situación límite, na que tendo en conta a propia situación dos concellos, unidos ó grave contexto de crise e os graves retrocesos económicos e sociais que estamos a vivir, podemos chegar a situacións verdadeiramente irreversibles.
A educación dos nosos nenos estase vendo claramente comprometida coa drástica reducción de nenos por aula, chegando incluso a unificarse cursos para impartir as clases como ocorre en Alfoz na actualidade, e tal como ocurría en tempos pasados. Consecuentemente coa correspondente perda de calidade con respecto a outros rapaces que poden cursar cada curso de forma independente noutros concellos da mariña ou do país.
É algo evidente que non se van poder manter servizos, con cifras de nacementos de 5 rapaces por ano desembocará en clases de 5 alumnos, despois xúntanse clases como na actualidade, e de seguir así en breve nin poderán os nenos ter o acceso a educación no noso concello, veránse obrigados eles mesmos e as súas familias a desprazarse a concellos veciños.
Cos nacementos do 2011, tendo un só concello, poderá haber unha clase de 10 alumnos, en lugar de estar separados os concellos e unidos varios cursos na mesma aula.
Non só iso, na actualidade é moi complicado atopar unha empresa que queira prestar o servizo de bus para que o nosos rapaces poidan cursar o bacharelato ou formación profesional nos concellos veciños, é unha problemática que se sofre ano tras ano debido o reducido número de alumnos.
Non ten sentido continuar a duplicar servizos que é sinónimo de duplicar gastos.
Na actualidade a demanda do servizo de gardería vese totalmente cuberto pola gardería que hai en Ferreira e vaise crear outra en Alfoz na parroquia de Carballido, cando no ano 2011 tan só naceron 5 rapaces no concello. Evitaríamos así un gran derroche de diñeiro, de varios miles de euros que se poderían usar noutras cousas máis necesarias.
Temos máis exemplos de inversións mal realizadas, non ten sentido ter dúas piscinas deficitarias, que xeran pérdidas, cando con unha abondaría para prestarlle o servizo a todos os veciños e reduciríase o gasto a metade, gastos que como todo se financia cos impostos dos veciños.
Así mesmo, os alcaldes de Alfoz e o Valadouro cada vez xestionan menos recursos e sen embargo cada vez cobran máis, cada vez cústanlle máis diñeiro ós veciños, cun só concello aforraríase o soldo dun alcalde.
Temos un precedente na consecucción do instituto, común para ambos concellos e que so foi posible traballando os dous concellos da man, e principalmente froito da presión en conxunto dos veciños dos dous concellos do Val do Ouro.
Na actualidade existen servizos en común, como o Punto limpo, que presta o concello do Valadouro pero que asumen os gastos a partes iguais os dous concellos do Val.
Existe tamén unha mancomunidade dos dous concellos do Val, a mancomunidade de municipios RÍO OURO, que na actualidade anque funciona está prácticamente valeira de contido, e na cal non están representadas todas as forzas políticas presentes nos dous concellos do Val.
Tamén podemos ver consecuencias negativas da falta de unión, da xestión independente de ambos concellos dende fai anos, e da falta de unión entre ambos na actualidade, non estamos dotados de polígono industrial nin de ningún tipo de chan industrial no que se poidan asentar empresas no concello, ou poidan instalar o seu negocio os traballadores autónomos moi numerosos no mesmo, o cal supón un impedimento moi grande a creación de postos de traballo en ambos concellos do Val do Ouro e a postre tan necesarios na actualidade.
“É totalmente ineficaz xestionar a mesma realidade de forma independente.”
Moitas das asociacións que se crean actualmente usan como ámbito de funcionamento ambos concellos, igualmente a gran parte das existentes funcionan indistintamente con persoas con indiferencia do concello no que están empadroadas, mostra da vida social conxunta no Val do Ouro.
Temos a oportunidade de marcar nós o noso rumbo, de ser referencia en Galicia, e conseguir apoios que doutra forma serán imposibles de lograr, conseguir que dende a Xunta de Galicia e o Goberno central se aposte por nós, para ser exemplo no noso país.
Son moitos os líderes, dirixentes e altos cargos de diferentes partidos políticos que recoñecen publicamente que é necesario a fusión de concellos, como se observa en declaracións de membros do actual e do anterior goberno galego, así mesmo é un obxetivo do actual goberno da Xunta de Galicia incentivar as fusións de concellos.
“Os dirixentes locais, deben ser valentes, non pensar e antepoñer o seu interés persoal e o coste político que lles pode acarrear, senón pensar nos intereses e beneficios para os veciños.”
“Ahora coas directrices que reciben da Xunta tentan mancomunar servizos, pero aquí no Val do Ouro, débese ir máis aló e non deixar coma sempre que sexan as circunstancias as que te obriguen a tomar medidas”
A triste alternativa é que en pouco tempo nos veña imposto de instancias maiores, podemos optar por realizar unha fusión de forma voluntaria, diseñada por nós, a nosa medida, ou que sexa imposta e de maneira forzosa, que nos obriguen a fusionarnos en peores condicións ou mesmo en convertirnos en parroquias de outros concellos veciños de maior categoría.
Algo que dende o Goberno Europeo xa están obrigando a facer a algúns estados da comunidade Europea.
“Xuntos podemos cortar este retroceso contínuo no que estamos metidos, optar a unha maior capacidade de crecemento e benestar, de facer forza xuntos para aproveitar as nosas posibilidades, de ter unha maior capacidade de xerar recursos que aporten riqueza a noso Val e consecuentemente os seus veciños.”
“Debemos ser valentes e dar un paso cara adiante, o Val do Ouro ten dous concellos cunha realidade común, cunhas necesidades comúns, e unhas grandes posibilidades, hoxe en día é momento de facer bo o dito de “xuntos máis fortes” e afrontar o futuro coas maiores garantías de benestar para os veciños do Val.”
Dende o Bng imos propoñer o seguinte acordo:
Comezar o proceso de fusión entre os concellos de Alfoz e O Valadouro, concellos que forman a comarca natural do Val do Ouro, con total igualdade en todos os aspectos, e marcar como data límite para a finalización do proceso as vindeiras eleccións municipais.
Igualmente imos seguir os pasos precisos para lograr esté punto tan importante do noso programa facendo xestións ante outros organismos competentes como a Xunta de Galicia e a Diputación provincial de Lugo.