Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Burela ve “recortes e máis recortes” nos orzamentos municipais de 2012

Nota de prensa

ORZAMENTOS MUNICIPAIS 2012: RECORTES E MÁIS RECORTES
O goberno municipal do Partido Popular de Burela aprobou o pasado luns, co noso
voto en contra, os orzamentos do concello para o ano 2012 e estes son algúns dos puntos máis
importantes que todos os veciños e veciñas deben coñecer:
1. Hai un importante recorte de persoal que supón tamén un recorte de servizos: menos
policía local, menos GRUMIRes e menos persoal para o servizo de axuda no fogar. Por
certo, tamén aprobou neste Pleno o Partido Popular, co noso voto en contra, unha
subida de 3 € a hora (pásase de 9 a 12 ou 13 € por hora) polo servizo de axuda no
fogar que teñen que pagar os usuarios. O Partido Popular tamén vai recortar
prestacións neste servizo porque aprobou unha modificación do regulamento deste
servizo de axuda no fogar que di que, cando se trate de incorporar unha nova alta na
atención domiciliaria, sacaráselle este servizo a outra persoa que estaba disfrutando
del e que teña menos puntuación que a nova alta.
2. O Partido Popular de Burela elimina os convenios cos clubs deportivos (fútbol, fútbol
sala, baloncesto e natación) e, a cambio, destina 8.500 € para unha empresa privada
que levará as escolas deportivas.
3. O Partido Popular enganou aos colectivos e asociacións cando na campaña electoral
lles prometeu subvencións porque nos orzamentos municipais non aparece nin un só
euro para este concepto.
4. O equipo de goberno do Partido Popular sáenos máis caro que o anterior goberno
municipal (100.000 € ao ano para tres persoas), outra mentira máis do Alcalde que
dixo no mes de xuño que ía aforrar cartos co seu equipo.
5. En contra do informe de intervención que recomenda limitar o gasto de persoal e as
novas contratacións, o Partido Popular de Burela aproba dentro dos orzamentos crear
dúas novas prazas de auxiliar administrativo (unha para Intervención e outra,
supoñemos, para secretaria do Alcalde) que, ao noso entender, son totalmente
innecesarias e que só responden ao pago de favores políticos pero que nos van
custar case 30.000 €.
6. O Partido Popular de Burela considera que é un gasto superfluo o aluguer do local
onde se xuntaban para o seu lecer os nosos maiores e pechou este local (a día de
hoxe estas persoas están na rúa). E , sen embargo, van gastar 8.000 € nunhas
máquinas para o control do persoal municipal.
En resumo, son uns orzamentos para 2012 que recortan persoal, servizos e axudas, coa
excusa da crise e da falta de ingresos, pero que esconden despilfarros de, por exemplo,
100.000 € en tres dedicacións exclusivas, 8.000 € para unhas máquinas de control de persoal e
30.000 € en dúas novas prazas de auxiliar administrativo totalmente innecesarias e
sospeitosamente oportunas agora.
Este é o balance dun equipo de goberno que non presentou ningún proxecto ilusionante
de futuro, que se limita a xestionar os recursos existentes pero que non aspira nin traballa por
conseguir máis servizos, máis ingresos ou máis prestacións para o noso pobo. En seis meses de
goberno municipal este é o balance do Partido Popular: subida de impostos, cobrar por todo
(ata por casar), apagar as luces das rúas e recortar e recortar nos orzamentos para o ano que
vén.
Un equipo de goberno do Partido Popular que, tamén no Pleno do luns, votou en contra da
nosa moción para incluír obras e servizos básicos para Burela nos orzamentos da Xunta para o
ano 2012 como son o acceso ao porto, a ampliación do Hospital, unha nova escola infantil ou a
limpeza e dragado do encoro de Rúa para garantir a nosa auga. O Partido Popular de Burela
non cre que o noso pobo necesite estas actuación e negouse a apoiar a nosa petición

Exit mobile version