Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo constatou o malestar da veciñanza de San Román coas afectacións da autovía no Vilar, O Eixo e A Calvela.

Nota de prensa

CERVO

NA PARROQUIA DE SAN ROMÁN NIN GUSTABA ANTES O TRAZADO DA AUTOVÍA NIN GUSTA AGORA

O BNG constatou o malestar da veciñanza de San Román coas afectacións da autovía no Vilar, O Eixo e A Calvela.

O BNG responsabiliza ao alcalde Alfonso Villares e ao PP de non querer negociar con Burela e Foz unha alegación que beneficiase aos tres concellos

Cervo, 28 de decembro de 2011. Os nacionalistas iniciaron na tarde de onte na Parroquia de San Román unha serie de catro actos informativos nas zonas do concello mais próximas ao trazado da autovía San Cibrao- Barreiros. Segundo o portavoz municipal Xoán Antón Estúa, informamos do trazado, da resolución das alegacións presentadas e constatamos o malestar da veciñanza desta parroquia co trazado ao non contemplarse practicamente ningunha das alegacións presentadas pola súa asociación de veciños. O nacionalista lembra que neste punto a asociación pedía unha modificación do trazado que fose menos lesiva para terras de cultivo e vivendas, especialmente na zona do Vilar, o Eixo e A Calvela, instando ao alcalde a que buscase un acordo cos concellos de Burela e Foz para unha alegación común que beneficiase aos tres concellos e isto, foi imposíbel de conseguir pola miopía e actuación partidista do alcalde de Cervo.

O alcalde non atendeu no vrao de 2009 as peticións da AAVV de San Román nin do BNG para negociar con Foz e Burela unha alegación ao trazado beneficiosa para os tres concellos.

O BNG, por medio do seu portavoz municipal Xoán Antón Estúa, reprochou ao alcalde de Cervo “a negativa no vrao de 2009 a buscar un acordo para unha alegación común dos tres concellos que evitara un trazado lesivo para os intereses dos tres concellos e impedira no caso do de Cervo as afectacións ás zonas do Vilar, O Eixo e A Calvela así como aos mananciais dos que se subministran de auga moitas vivendas na Senra”. Segundo o portavoz nacionalista, “Vilares en aquel momento preferiu reunirse co seu compañeiro de partido na oposición en Burela a facelo cos alcaldes de Foz e Burela de diferente signo político.” Segundo os nacionalistas o alcalde non atendeu estas peticións que viñan da AA.VV. de San Román e do propio BNG, perdendo así a oportunidade de utilizar a unión de tres concellos para buscar un trazado que mellorase o actual.

O BNG continuará hoxe a serie de actos cun ás 19.30 en Gondrás e mañá á mesma hora na Senra.

A serie de catro actos prevista polos nacionalistas continuará hoxe en Gondrás e mañá na Senra, en ambos dous casos os seus veciños e veciñas presentaron numerosas alegación durante o período de exposición pública do trazado no vrao de 2009. Os actos continuarán o día 3 no local social de Castelo e o 4 en Trasbar, todos ás 19.30hrs.

Exit mobile version