Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo vai facer actos informativos en todas as parroquias do concello sobre o trazado da autovía

Nota de prensa:
ACTOS INFORMATIVOS

TRAZADO DA AUTOVÍA SAN CIBRAO – BARREIROS

San Román: Tele Clube, martes 27/12/11 ás 19.30

A Venta: Antiga Escola, mércores 28/12/11 ás 19.30

A Senra: local social, xoves 29/12/11 ás 19.30

Castelo: antiga escola, martes 3/01/12 ás 19.30

Trasbar: local social, mércores 4/01/12 ás 19.30

O martes 13 de decembro de 2011 o Boletín Oficial do Estado publicou a Resolución do 25/11/11 coa Declaración de Impacto Ambiental da Autovía de Conexión entre San Cibrao e Barreiros.

No documento publícase o trazado escollido para o TRAZADO da autovía e resolución das alegacións presentadas no vrao de 2009 cando se publicou a aprobación provisional do proxecto. En aquel momento o BNG organizou actos públicos para a expoñer o documento naquelas zonas do concello de Cervo mais próximas ao paso da autovía e agora pretendemos facer o mesmo.

Exit mobile version