Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Muras doará a Cáritas a cesta de Nadal do concello

Nota de prensa

O BNG DOARÁ A CÁRITAS A CESTA DE NADAL DO CONCELLO DE MURAS.

A Mariña, 20 de decembro de 2011. O BNG doará a Cáritas a Cesta de Nadal coa que o Concello de Muras agasalla aos membros da Corporación Local.

Ante a situación de crise económica na que nós atopamos e que tamén afecta ao Concello de Muras, non deixa de sorprendernos esta iniciativa de agasallar con Cestas de Nadal a tódolos membros da corporación municipal, entendemos que existen outro tipo de iniciativas que benefician ao conxunto dos/as veciños/as e que se poderían ter tomado, aliviando a situación de necesidade na que se atopan algunhas familias, máis nunhas datas tan sinaladas como as que se aveciñan.

Exit mobile version