Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro aclara que fixo o seu traballo e ve falla de vontade da concelleira de Facenda de contar cuns orzamentos reais

Nota de prensa

O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, quere deixar claro que non é unha preocupación para o BNG dar resposta a comentarios de outros membros do grupo de goberno nos medios de comunicación, xa que a preocupación dos concelleiros do BNG, que formamos parte do Goberno de Viveiro, é dar solución os problemas das nosas veciñas e veciños, que precisamente por iso, depositaron a súa confianza en nós nas pasadas Eleccións Municipais. Aínda así, e tendo en conta, que a nosa cabeza está no día a día deses pequenos problemas das nosas veciñas e veciños e do noso Concello, si que queremos facer unhas aclaracións as declaracións da Concelleira de Facenda.
Dende a consideración que a transparencia e a claridade na información son sinais dun goberno merecente de ser calificado coma democrático.
É certo que hai dificultades serias para cadrar os orzamentos do ano 2012, pero iso non é responsabilidade do BNG, é responsabilidade de quen levou ao Concello a un remanente de tesorería negativo de 1.125.000 euros no ano 2010, por non ter os orzamentos ao día, ou da obriga a que nos veremos sometidos no ano 2012 de aprobar un recoñecemento de débeda extraxudicial de maís de 500.000 euros para pagar, entre outras cousas, as débedas coas compañías eléctricas, débedas das que o BNG non é responsable.
Todo isto nos leva a ter uns orzamentos para o ano 2012, nos que hai que reducir sobre os ingresos o orzamento 1.8 millóns de euros, e íso, repito, non é responsabilidade da acción de goberno do BNG dende xuño, iso é a realidade do Concello de Viveiro.
Según os ingresos previstos queda un orzamento para gastos de 10 millóns de euros, que de forma evidente levará a ter que reducir partidas orzamentarias importantes. O BNG presentou en 3 ocasións as súas propostas á Concellería de Facenda, que nin sequera foron tidas en conta por parte da Concelleira de Facenda. Polo tanto non é certo que o BNG non fixera o seu traballo, o que se denota e falla de vontade política da Concelleira de levar a cabo uns orzamentos reais.
O BNG de Viveiro, non vai consentir a falsidade, e menos dunha forza política que é a responsable dos maiores recortes sociais que se teñen dado no Estado Español, O BNG en ningún momento puxo en dúbida o servizo axuda domicilio, o que si fixemos foi poñer propostas riba da mesa, como que a cuantía que corresponde abonar ao Concello de Viveiro, máis de 300.000 euros, fose asumido pola Deputación de Lugo, pero sempre e cando non afectase ao servizo, e así reducir o gasto nesa cantidade para as arcas municipais, iso é traballar en positivo, e poñendo propostas riba da mesa.
A responsabilidade do goberno municipal na área orzamentaria recae sobre a concellería de Facenda, agardamos unha proposta real e definitiva para a súa aprobación. É moi sinxelo, facer propostas en tres ocasións, dicindo cales son os ingresos, que hai que reducir 1,8 millóns de euros os gastos, e non poñer riba da mesa ningunha solución.
Para rematar, o BNG incide en que o noso obxetivo é manter a plantilla de persoal, que veremos a ver, se é posible coa actual situación económica do Concello e co recorte que haberá que acometer para aprobar os orzamentos, situación, que repetimos, non é responsabilidade da acción de goberno do BNG.

O argumento do retraso do Orzamento por festas, vacacións e permisos, non merece o máis mínimo comentario, forma parte dunhas desafortunadas declaracións, que nada teñen que ver coa realidade.

Exit mobile version