Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pide no Parlamento a paralización do ERE de Mobles Hermida de Lourenzá

Nota de prensa:

O BNG PIDE NO PARLAMENTO A PARALIZACIÓN DO ERE DA EMPRESA DE MOBLES HERMIDA DE LOURENZÁ

A través dunha Proposición non de lei que será debatida na vindeira sesión plenaria da Cámara galega, o deputado Manuel Parga Núñez defenderá conservar os postos de traballo nesta empresa e potenciar o emprego na zona

Santiago de Compostela ,10 de decembro , 2011. O deputado do BNG, Manuel Parga Núñez defenderá o vindeiro martes, en sesión plenaria, unha Proposición non de lei para instar á Xunta de Galiza a paralizar o ERE extintivo presentado pola empresa Mobles Hermida de Lourenzá (Lugo) que afecta a 94 persoas.

Parga salienta que a empresa presentou outro ERE extintivo que afectou a 18 traballadores e traballadoras e de materializarse o segundo ERE, a comarca da Mariña de Lugo veríase gravemente afectada economicamente.

Para o deputado, a empresa Mobles Hermida é unha peza clave para a comarca polo que ademais da paralización do ERE extintivo pedirá a activación de plans de desenvolvemento destinados á creación de emprego na Mariña de Lugo.

O parlamentaria confía en acadar o apoio de todas as forzas políticas e do Goberno galego na busca de alternativas menos traumáticas para dar solución a este problema.

Exit mobile version