Site icon Crónica3.com A Mariña

O C. D. Burela Fútbol Sala acepta a rectificación do avogado da Asociación de Xogadores de Fútbol Sala


Nota de prensa

O Club Deportivo Burela Fútbol Sala acepta as desculpas do avogado da Asociación de Xogadores de Fútbol sala, Eduardo Meléndez, tras rectificar as declaracións que aparecen publicadas no último número (160) da revista Doble Penalti: “En Segunda Burela e Maristas Valencia deben algo, Playas e Andorra bastante”, no artigo “A morosidade no fútbol sala”.

A entidade laranxa congratúlase da celeridade con que Eduardo Meléndez corrixiu as súas declaracións a través dunha nota publicada na web da AXFS, www.ajfs.org, o xoves 8 de decembro:

“Nunha entrevista mantida por Doble Penalti co avogado da AXFS e que aparece publicada no último número da citada revista dise que o club da Segunda División da LNFS CD Burela FS Pescados Rubén mantén débedas. É un lapsus linguae, un erro cometido polo avogado da AXFS porque non existe ningunha denuncia contra Burela FS. O avogado da AXFS, Eduardo Meléndez, pide desculpas ao Club Burela FS e aos seus afeccionados polo erro cometido.

Proba diso é que na listaxe de clubs non recomendables para fichar no mercado de inverno polas débedas que mantiñan, tanto deste ano como do pasado, e que foi publicada hai uns días na web da AXFS non aparecía o club CD Burela FS Pescados Rubén.

O Club CD Burela FS Pescados Rubén é un histórico do fútbol sala nacional e mantén desde hai anos un bo cartel entre os xogadores da LNFS. Esta mesma tempada un xogador asociado á AXFS púxose en contacto coa Asociación para informarse sobre o club e a súa situación. A AXFS recomendoulle a fichaxe por este club fronte a outros do súa mesma categoría. Isto ocorre da mesma forma na súa categoría feminina”.

Doble Penalti tamén emendou a devandita información en www.doblepenalti.com, con data 9 de decembro:

“A AXFS publica na súa paxina web a seguinte nota, que reproducimos integramente: “Nunha entrevista mantida por Doble Penalti co avogado da AXFS e que aparece publicada no último número da citada revista dise que o club da Segunda División da LNFS CD Burela FS Pescados Rubén mantén débedas.

É un ‘lapsus linguae’, un erro cometido polo avogado da AXFS porque ‘non existe ningunha denuncia contra Burela FS’. O avogado da AXFS, Eduardo Meléndez, pide desculpas ao Club Burela FS e aos seus afeccionados polo erro cometido. Proba diso é que na listaxe de clubs non recomendables para fichar no mercado de inverno polas débedas que mantiñan, tanto deste ano como do pasado, e que foi publicada fai uns días na web da AXFS non aparecía o club CD Burela FS Pescados Rubén.

O Club CD Burela FS Pescados Rubén é un histórico do fútbol sala nacional e mantén desde hai anos un bo cartel entre os xogadores da LNFS. Esta mesma tempada un xogador asociado á AXFS púxose en contacto coa Asociación para informarse sobre o club e a súa situación. A AXFS recomendoulle a fichaxe por este club fronte a outros da súa mesma categoría. Isto ocorre da mesma forma na súa categoría feminina”.

Desde o CD Burela FS esperamos que a rectificación das palabras de Eduardo Meléndez se reflictan ademais no próximo número de Doble Penalti.

Exit mobile version