Site icon Crónica3.com A Mariña

O campionato de bolos de Xove interrompese polo Nadal ata o 14 de xaneiro

Nota de prensa

XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 –  IIIª LIGA FEMININA

(TEMPORADA  2011/2012)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

INCIDENCIAS DA 9ª  TIRADA

(Campo Municipal de Fútbol de Xove – Sábado, 3 DECEMBRO 2011)

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE SUMOAS  (3 DECEMBRO 2011  ) 40   INSCRITOS:  27  NA LIGA SENIOR,    4  NA LIGA SUB 16  E    9   NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO ARTURO VIGO CASABELLA 222 12
SEGUNDO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 200 10
TERCEIRO OMAR CABRERA MACÍAS 187 8
CUARTO JOSE VIGO LAGE 184 7
QUINTO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 164 6
SEXTO MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 164 5
SÉTIMO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 157 4
OITAVO JORDI MEITÍN SERANTES 155 3
NOVENO AUGUSTO ALBO OCAMPO 154 2
DÉCIMO CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO 154 1
MELLOR BOLADA FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ 84 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 103 6
SEGUNDO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 96 4
TERCEIRO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ 86 3
CUARTO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO 0 2
QUINTO 1
MELLOR BOLADA SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 50 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO DOLORES BAÑO FRAGA 90 6
SEGUNDO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 76 4
TERCEIRO CARMEN ROCA CORRAL 71 3
CUARTO DOLORES PÉREZ MIGUEZ 67 2
QUINTO MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ 61 1
MELLOR BOLADA DOLORES BAÑO FRAGA 49 1

Esta Tirada tíñase que celebrar no campo do Centro Social de Sumoas, debido a que foi obxecto de obras por parte do Concello, xa que no mesmo se construiu unha nova bolera. Esta non está inda en condicións para súa utlización, debido a que está recén prantada, e hai que deixar que a herba do mesmo se consolide e esté máis densa. Esta é a razón pola cal a última tirada da primeira volta a tivemos que realizar, non en Sumoas, senón no campo de bolos do Campo Municipal de Fútbol de Xove,  o cal estaba en perfecto estado.

-Tarde moi agradable e campo en perfectas condicións. 40  inscritos, 24 na Liga Senior e 9 na Liga Feminina e 4 na Liga Sub 16.

Liga Senior Masculina.- Gran actuación do líder Arturo Vigo, quen conseguiu o seu segundo trunfo nesta temporada, afianzando o seu liderato con 76 puntos, aumentando a diferenza a 24 sobre Francisco  Pérez, segundo con 52. A terceira posición accede por primeira vez na tempada César Cancelos, con 39 puntos, despois de realizar dúas magníficas tiradas, cun primeiro e un segundo postos en Morás e esta última. Ginés Rodríguez continúa 4º con 37 puntos, e José Rafael González cae á quinta posición con 36, posición que comparte con Omar Cabrera.

Liga Senior Feminina.- Terceira victoria consecutiva da vixente campiona, o cal lle permite acceder ao segundo posto da clasificación con 34 puntos, e detrimento de Belén Meitín que se quedou en 31, non sendo capaz siquer de puntuar. Despois de celebradas as primeiras nove tiradas, o 50% da competición, a cabeza sigue moi apretada, con Carmen Roca liderando con 38 puntos.

Liga Sub 16.- Segunda victoria de Salomé Rodríguez, o que lle permite unha certa folgura na cabeza cunha vantaxe de 5 puntos sobre  Daniel López. Terceiro é Isaias Cardoso, quen está un pouca fallón nestas últimas tiradas, rendendo por debaixo das súas posibiliades. Así e todo, despois de pechada a primeira volta, estes tres xogadores vanse disputar con toda probabilidade os tres primeiros postos finais.

Remata esta tirada, agora temos un descando durante todo o Nadal, reiniciando o campionato o vindeiro ano, concretamente o SÁBADO 14 DE XANEIRO NO CENTRO SOCIAL DE LAGO.

Exit mobile version