Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela FS Pescados Rubén protagonizou unha charla-coloquio nas fins de semana culturais de Alfoz.

Nota de prensa

O BURELA FS PARTICIPA NAS FINS DE SEMANA CULTURAIS DE ALFOZ

O CD Burela FS Pescados Rubén protagonizou onte pola tarde unha charla-coloquio integrada nas fins de semana culturais de Alfoz. Ata a casa da cultura do municipio acudiron en representación da entidade laranxa o director da ED EON Burela FS e responsable da preparación física do club, Alfonso Mera; o adestrador do equipo da Segunda División Masculina, Quique García; e os xogadores Juanma Marrube e Iago Míguez.

Os membros burelistas falaron do día a día do equipo nos seus adestramentos, do nivel de esixencia da competición e das aspiracións na liga; tamén compartiron co público presente algunha que outra anécdota futbolística.

Radio Valadouro emitirá ao longo da semana algúns dos mellores momentos da charla.

Exit mobile version