Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela FS Pescados Rubén xa leva 27.264 quilómetros percorridos sen chegar ao ecuador ligueiro

Nota de prensa

A MEDIO CAMIÑO… E XA VAN 27.264

O CD Burela FS Pescados Rubén despídese de 2011 coa organización e participación da Copa de España de Fútbol Sala Feminino Burela 2011 e cunha nova fase de ascenso do equipo masculino no seu lustroso ronsel e co firme propósito de manterse entre os mellores nunha tempada na que os cadros laranxas afrontan o hándicap dos esgotadores desprazamentos; xa levan 27.264 quilómetros percorridos e aínda non chegaron ao ecuador ligueiro.

O Burela FS da Primeira División Feminina pecha o ano en postos de Copa con 9.328 quilómetros ao lombo. Dende a oitava praza e 16 puntos, iniciará a andadura do novo ano o 7 de xaneiro, en Vista Alegre, ante o Diamante La Rioja (12ª xornada). Aínda ten por diante 9 desprazamentos (Valladolid, Alacante, Móstoles, Ourense, Zaragoza, Elche, Cidade das Burgas, Rioxa e Rubi) e 12.216 km.

Na Segunda División Masculina, a cor laranxa tamén tomará as uvas entre os oito privilexiados para o play off, na sétima praza con 20 puntos, despois de nada máis e nada menos que 18.296 km. Tamén o día 7 os burelistas estrearán 2012, cerrando a primeira volta, na pista do Fuconsa Jaén (15ª xornada). Murcia, Antequera, Ceuta, Castellón, Manzanares, Eivissa e Valencia, con 15.256 km, completarán o percorrido.

Nunha época na que a crise económica asfixia o mundo do fútbol sala e na que moitas entidades se ven na obriga de abandonar, a escuadra laranxa cumprirá  co incuestionable sobreesforzo dos máis 55.000 quilómetros de periplo por diferentes recunchos do territorio español en Primeira e Segunda. Do que non cabe ningunha dúbida é de que aínda queda moita liga en 2012 e moita roda que queimar para seguir escribindo a historia do Burela FS.

Exit mobile version