Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Alfoz organiza actividades culturais para os sábados de xaneiro

Nota de prensa:

DÍA 7. Exhibición de baile do grupo Gold Dance.

Dirixido por Miriam e Dimas. Farán baile deportivo e de festa. Participarán rapaces e maiores de entre 4 e 50 anos de idade.

No polideportivo municipal.

Organiza o Departamento de Cultura do concello de Alfoz.

DÍA 14. Monólogos de Alberto Níñez.

Integrante do grupo Raiolas e participante en varios programas da TVG. Nos seus monólogos, con picardía e orixinalidade, analizará os defectos da nosa sociedade.

No Salón de Actos da Casa da Cultura.

Organiza o Departamento de Cultura do concello de Alfoz.

DÍA 20. Actuación do Mago Jorge.

Un mago moi máxico integrante do grupo de teatro “A adala” de Fazouro.

No Salón de Actos da Casa da Cultura.

Organiza o Departamento de Cultura do concello de Alfoz.

DÍA 28. Conferencia sobre normas de seguridade.

Conferencia de representantes da Garda Civil sobre normas de seguridade na 3ª Idade. No Salón de Actos da Casa da Cultura.

Organiza o Departamento de Servizos Sociais do concello de Alfoz.

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. Sábados ás 20:00 horas

Exit mobile version