Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Cervo edita 2.500 trípticos coas actividades que programou para Nadal

Nota e prensa

O CONCELLO EDITA UN TRÍPTICO COAS ACTIVIDADES DE NADAL

As 2.500 unidades serán distribuídas polos distintos núcleos de poboación e os centros educativos

A programación comeza hoxe, día 3, coa montaxe dos Belenes de plastilina no Concello e na Casa da Cultura e das árbores do Souto, en Cervo

Cervo, 3 de decembro de 2011.- O Concello de Cervo ven de editar un tríptico coa programación cultural e lúdica que terá lugar no termo municipal coincidindo coas datas de Nadal.

A tirada, duns 2.500 exemplares, xa foi repartida por tódolos núcleos de poboación do municipio e polos centros educativos do municipio. Nela recóllense os distintos actos organizados polo Concello de Cervo coa colaboración de varios colectivos locais, ademais doutras entidades e institucións.

Esta programación cultural dará comezo hoxe, día 3, coa montaxe do Belén de plastilina na Casa do Concello (Cervo) e na Casa da Cultura (San Ciprián) para os máis pequenos, e coa decoración das árbores da praza do Souto de Cervo.

Exit mobile version