
Ás 12.00 horas tivo lugar unha concentración na praza do Concello para gardar un minuto de silencio en memoria da muller asasinada ontes no concello de Carral. Nela participaron veciños, traballadores municipais, así como o alcalde e varios membros do equipo de Goberno local. Asi mesmo asistiron a Delegada territorial Raquel Arias e o Presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez.