Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Foz programa multiples actividades para animar o Nadal

Nota de prensa

DELEGACIÓN DE CULTURA DO CONCELLO DE FOZ INFORMA DAS SEGUINTES ACTIVIDADES PARA ESTA SEMANA DE NADAL

-XOVES 22 DE DECEMBRO ÁS 21:30 H. NA SALA BAHÍA DE FOZ

FULANO, MENGANO E CITANO. “Viva a Crise”

E chega a Crise.

Os pobres fanse máis pobres e os ricos só un pouco menos ricos, A Sociedade do Benestar sente un enorme malestar; todos están asustados.

Home… todos non, hai quen está mui tranquilo, saben que os males de uns traen grandes beneficios para outros, e eses outros, mira ti por onde, sempre son os mesmos:

Banqueiros, especuladores, políticos, salvadores de patrias, feiticeiros da tribo e todos cantos saben facer da desgraza allea o seu próspero negocio.

Xa o dixo Quevedo: “Mangas e conciencias hainas de todos os largos”.

E como nós tamén temos a nosa, presentámosvos “Viva a Crise!!” Unha serie de historias entrelazadas que se desenvolven arredor deste tempo dificil que nos toca vivir, adubada con prebe de sátira, critica e actualidade fresquiña do pincho. Para chupar nos dedos! E todo servido ben quente e con muito humor. Porque o humor non pode acabar coa crise pero, si, axudar a pasala.

Esperando a máxima difusión, aproveito a ocasión para saudalo/a moi atentamente

A Concelleira de Cultura

Mercedes González Alonso

MAIS ACTIVIDADES PARA O NADAL…

Venres, 23

Papa Noel en Foz!

Foliada Infantil de Nadal

Papa Noel facerá um pequeno percorrido pólas rúas Avda. Da Mariña, Alvaro Cunqueiro….para saudar a tódolos nenos.

Organiza: Asoc. O Feitizo- Colabora Concello de Foz.

12:00 Casa da Cultura e rúas da Vila
Foliada Infantil de Nadal. Organiza: A Subela- Colabora Concello de Foz. 19:00 Sala Bahía
Sábado, 24

Concerto de Panxoliñas

Concerto de panxoliñas na rúa.

Tradicional concerto d@s alumn@s da Escola de Música de Foz.

12:00 h. Avda. da Mariña
Domingo,25        Nadal

Concerto de Nadal

¡TRASLADADO ÁO 30 DE DECEMBRO!

A BANDA DE MÚSICA DE FOZ CAMBIOU ESTE TRADICIONAL CONCERTO DE NADAL PARA O DÍA 30 DE DECEMBRO ¿? ¿?Consultar Banda de Música de Foz
Martes, 27

Teatro Infantil

A partir de 6 anos

Duración:55 min

TEATRO DO NOROESTE. “PIRATAS”

Un trebón papouse ao bergantín “Princesa dos Mares”, un dos máis temidos barcos piratas de todos os océanos. Algúns membros da súa perigosa tripulación conseguiron sobrevivir nunha balsa, agora a balsa pirata “Raiña da Escuma”. O terrible pirata Patachula dirixe unha tripulación composta polo grumete Mingallas, natural da illa da Tartaruga, o esforzado Ollovirollo, co seu parche no ollo e o seu papagaio Velasvir, e sobre todo a muller pirata Cachaza. Todos eles encherán de aventuras os mares do Sur, realizando conquistas, como a famosa illa da Flor Nacente, e conseguindo descubrir onde está agochado o tesouro do pirata Bocanegra, que cando abría a boca, a súa campaíña soaba a morto. Unha divertida e entretida obra de teatro que fará as delicias dos nenos, as nenas e os seus pais. Recomendada para todos os públicos, pero en especial para nenos e nenas de entre cinco e doce anos.

18:30 h. SALA BAHÍA

ESPECIAL INFANTIL DE NADAL

Venres, 31Concerto de Panxoliñas Concerto de panxoliñas na rúa.

Tradicional concerto d@s alumn@s da Escola de Música de Foz.

12,00 h. Avda. da Mariña

BAILE DE FIN DE ANO

O Concello de Foz organiza un ano mais o BAILE DE FIN DE ANO co GRUPO ATENAS na SALA BAHÍA de Foz.

O Baile terá lugar a partir das A partir da 1 da mañá

Reserva de mesa para día de FIN DE ANO

Casa da Cultura 982140675 (Tecn. Cultura)

Exit mobile version