Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Lourenzá e a Cruz Vermella recollen xoguetes nunha campaña de Nadal

Nota de prensa

Delegación de Servizos Sociais

A fin de que este Nadal ningún neno da comarca se quede sen xoguetes

O CONCELLO DE LOURENZÁ COLABORA COA CRUZ VERMELLA NA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES

Pídese a colaboración das familias para a doazón de xoguetes que xa non se utilicen antes do vindeiro 20 de decembro

Involúcrase aos máis pequenos nesta actividade solidaria coa celebración dunha chocolatada no CEIP

Lourenzá, 3 de decembro do 2011.- A área de Servizos Sociais do Concello de Lourenzá, departamento que dirixe a edil Emma Alvarez, colabora coa Delegación da Cruz Vermella en Burela na recollida de xoguetes a fin de que ningún neno da comarca se quede sen eles no vindeiro Nadal.

A concelleira pedíu a colaboración das familias para a doazón de xoguetes que xa non se utilicen e poidan ser utilizables, agás os xoguetes bélicos. “Algo que para moitas familias xa non ten utilidade contribuie a facer sorrir a un meniño nestas datas sinaladas que se aproximan”

Os doantes poden depositar os seus xoguetes nas caixas que a Cruz Vermella colocou no Torréon dos Frades, lugar que alberga os Servizos Sociais do Concello, antes do día 20 de decembro.

Para achegar esta campaña ao maior número posible de colaboradores, a edil, organiza en colaboración có CEIP Juan Rey do municipio laurentino unha chocolatada para o vindeiro venres día 9 a fin de involucrar aos máis pequenos nesta actividade solidaria. Os nenos, nas medidas das súas posibilidades, deberán traer un xoguete que xa non utilicen para doar a Cruz Vermella.

Exit mobile version