Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo potencia o mercado municipal coa campaña “Presume de praceiro e praceira”

Nota de prensa

NESTE 2011 RIBADEO TAMÉN PRESUME DE PRACEIRO E PRACEIRA. A CAMPAÑA DARÁ COMEZO O VINDEIRO LUNS, 12 DE DECEMBRO.

Ribadeo, 9 de decembro de 2011. O día 12 de decembro comezará unha nova edición da campaña Presume de praceiro e praceira. Trátase dunha campaña da Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Ribadeo, que terá lugar do 12 ao 23 de decembro e do 9 ao 20 de xaneiro de 2012.
Segundo explica a concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, “os praceiros e praceiras agasallarán durante estes días aos clientes do mercado municipal de Ribadeo cun cupón por cada compra realizada. Con ese cupón poderán votar ao mellor praceiro e praceira e optarán a un premio a través dos sorteos que se realizarán os días 23 de decembro e 20 de xaneiro”. Tres clientes resultarán agraciados con cheques de compra desa quincena por valor de 75, 50 e 25 euros respectivamente. A edil nacionalista dixo que “só resultarán premiados aqueles clientes do mercado que estean presentes no momento no que se realicen ditos sorteos”. Os cheques serán cambiables no mercado de Ribadeo “en forma de desconto nas vindeiras compras”.
Ana Martínez subliña que “con esta campaña o que pretendemos é dinamizar e poñer en valor a calidade dos productos da praza de abastos de Ribadeo”.

Exit mobile version