Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Xove presenta o seu programa de Nadal coa apertura do Belén xigante

Nota de prensa:

PROGRAMA DE NADAL EN XOVE: APERTURA DO BELÉN XIGANTE E OUTRAS MOITAS ACTIVIDADES

Hoxe ás 18:00 horas ábrese ao público a Exposición “XOVE CON MOITA ARTE II”, que onte inaugurou o Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira Dolores Meitín e os artistas participantes.

Para mañá venres 23, o Programa do Concello, a cargo neste caso das Concellerías de Cultura e Servizos Sociais, vai ser moi intenso.

Pola mañá, a partires das 11:30 horas na Escola Infantil de Xove vai ter lugar unha FESTA INFANTIL para os 40 nenos/as da Escola, os cales esperan a chegada de PAPÁ NOEL que recalará na Escola sobre as a12:00 horas.

Xa pola tarde, dende as 17:00 ás 20:00 horas, terá lugar a última sesión do OBRADOIRO DE PINTADO E COLOCACIÓN DO BELÉN que se está desenvolvendo na OMIX de Xove dende o mércores 21 de decembro.

Na tarde-noite, ás 20:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, unha actividade moi tradicional que se ven repetindo dende hai moitos anos, concretamente o CONCERTO DE NADAL, no que van a participar a ORQUESTRA INFANTIL DE XOVE E A ORQUESTRA CLÁSICA DE XOVE; a primeira integrada por alumnos/as da Escola Municipal de Música e a segunda por profesores e antigos alumnos/as. Este Concerto está coordinado pola Asociación Musical Prestoxove.

Para rematar o intenso día de mañá venres, a partires das 22:00 hors (10 da noite) disfrutaremos da INAUGURACIÓN DO ESPECTACULAR BELÉN MUNICIPAL DE XOVE, un dos máis grandes de Galicia, e que ano a ano medra, tanto en contido coma en interés. Trátase dun belén vivente, no que unha serie de figurantes pertencentes na súa maioría a Escola de Maiores de Xove, pero tamén voluntarios do Concello, van a representar varias escenas navideñas.

Decíamos antes que o belén medra ano a ano, xa que ao do pasado ano sempre se lle suma algún elemento máis; este ano o Belén conta con tres novos espazos: o Castelo de Herodes con figuras de soldados romanos, a Pousada coa figura dunha mesoneira e a Alfarería cun alfareiro.

Este belén xigante está instalado no Parque Municipal de Xove, ocupando prácticamente a metada do Parque.

A Inauguración, coma en anos anteriores, vai contar cun espectáculo multimedia de lus e son, que vai acompañar as distintas escenas e historias que se van a presentar.

Exit mobile version